TENIS DE MESA CON EQUIPOS DA COSTA : CRÓNICAS, RESULTADOS E PREVIA DA VINDEIRA XORNADA

Zoolandia-AD Zas Ponciano Nieto

 

3ª división nacional grupo norte
Zoolandia Conxo Ponte de Ferro – AD Zas Ponciano Nieto  2-4
Concello de Mazaricos – AD Dubratambre  1-4
.
1ª división galega
VTM Pinturas Figueiras – SD Hípica  4-3
Zoolandia Conxo – AD Zas Dimobel Bazar Baio 3-4
.
2ª división galega
AD Zas O Pinar – Rias Baixas Guiusseppe Anthony  2-5
.
Pinturas Figueiras, (der)-SD Hípica, (esq).
.
.
Bos resultados para os equipos da comarca con tres victorias, algunha dando a sorpresa, e duas derrotas xa previsibles. 
están mostrando o traballo feito no verán os xogadores dos nosos equipos e así comenzase moi ben a temporada deixando os malos tragos para mais adiante. Sobre todo foi sorprendente a victoria de AD Zas Dimobel Bazar Baio, que suma a segunda victoria consecutiva e, non menos foi a de VTM Pinturas Figueiras que aproveitou unha baixa da Hípica para superala no ultimo partido e no quinto set. A vicotira de AD Zas Ponciano Nieto era mais esperada pero non por eso sen dificultades. En canto aos de  2ª galega o resultado foi mais normal a pesar de que se esperaba algo mais do equipo local.
.
Resultados parciais
.
3ª división nacional grupo norte
Zoolandia Conxo Ponte de Ferro – AD Zas Ponciano Nieto  2-4
.
Fernando Pombo – Brais Blanco   1-3
Cesar Gómez – Raúl López           3-1
Mario Otero  – Stevo                      1-3
Dobre (Pombo/Gómez) – (Brais/Raúl)  3-1
Fernando Pombo – Raúl López     1-3
Mario Otero – Brais Blanco            1-3
.
Importante victoria do AD Zas Ponciano Nieto para ir encaramandose aos postos altos da taboa, xa era favorito neste enfrentamento pero contra os de Conxo sempre foron partidos moi igualados e desta vez tampouco se faltou a esa tradición. Crucial foi a victoria de Stevo sobre Mario Otero xa que despois Brais e Raúl non foron capaces de gañar o seu partido de dobres, non se entenderon moi ben e fallaron bolas moi claras.  Logo Raúl, xogando mmoi ben, si superou a Fernando Pombo e por ultimo Brais cerrou o encontro gañando a Mario, pero con dificultades, pois non se adaptou ben ao xogo contra gomas lentas que usa Mario. Resumindo,  moi ben todos os xogadores que conseguiron unha victoria que da confianza e que enseñou que debemos estar a tope para superar a calquer rival, e non nos van regalar nada.
.
Concello de Mazaricos – AD Dubratambre  1-4
.
Alex Blanco – José García                  1-3
Javier Rodríguez – Ana Mª Pérez        1-3
J. Ángel Lado – Eladio Andrade           3-1
Dobre (Miguel/Alez) – (Pérez/García)  0-3
Alex Blanco – Ana Mª Pérez                 0-3
.
Xa se esperaba a victoria do AD Dubratambre e mais cando Miguel Rey non se puxo no trio inicial, e a pesar de facelo no dobre estaba frio e apenas entrou en xogo, Así Alex, Javi e José Angel pouco podian facer ante o potencial que amosan Ana Mª Pérez eJosé García con Eladio, esgte o mais débil. O punto que fixo J. Ángel foi tamén moi traballado e no resto dos partidos a superioridade foi clara dos de Dubratambre.
.
1ª división galega
.
VTM Pinturas Figueiras – SD Hípica  4-3
.
Brais Toruriñan – Jorge Yanguas     3-0
Julio Figueiras – Pablo Cristobal     3-0
Francisco Paz – José Sanchez       3-2
Dobre (Nico/Julio) – (Yanguas/Cristobal)  0-3
Brais Touriñan – Pablo Cristobal     0-3
Francisco Paz – Jorge Ysngua       2-3
Julio Figueiras – José Sanchez       3-2
.
Victoria in extremis dos vimianceses que as prometian moi felices cos tres primeiros partidos gañados pero que a veterania dos coruñaese fixo que fosen pouco a pouco gañando e igualando o encontro. E no ultimo partido viuse  e deseouse Julio para superar a un correoso veterano com José Sanchez, e so o conseguiu no quinto set. Con todo vistoria con sorpresa pois o SD Hípica era favorito pero os soneirans poñenllas todas no seu local e esperemos que sigan así.
.
Zoolandia Conxo – AD Zas Dimobel Bazar Baio 3-4
.
Iván Batalla – Matteo Yang                     3-0
Ramón Caamaño – Miriam Domínguez 0-3
Raquel Pérez – José A. Pazos               3-0
Dobre(Iván/Ramón) – (José/Miriam)       0-3
Iván Batalla – Miriam Domínguez           1-3
Raquel Pérez – Matteo Yang                  3-0
Ramón Caamaña  – José A. Pazos        1-3
.
Desta vez o AD Zas Dimobel Bazar Baio contou con Miriam Domínguez e así poder dar a campanada e gañar en Conxo. Sabiase que os tren puntos de Miriam estaban case asegurados, os dous individuais fixos e no dobre con moito a favor polo que faltaba que tanto Matteo coma José A. fixesen un punto, como xa ocurrira na primeira xornada. E volviu a ser  José A. Pazos gañando o ultimo partido con moita emoción e incertidume, sobre todo no crucial terceiro set 14-12 para José A. Suma así o equipo zasence a segunda victoria seguida pero moito me temo que vai ter que recurrir a xogadores que lles fagan tres puntos para pode optar a gañar encontros. As victorias sempre dan ánimos e confianza e o tempo e os entrenos fará´n que as consigan sen axudas.
.
2ª división galega
.
AD Zas O Pinar – Rias Baixas Guiusseppe Anthony  2-5

.

Laura García – Elena Montaos                 2-3

Lara Romero – Manuel Domínguez         3-0
manuel Barreira – Carmela Sanmartín    0-3
Dobre (Lara/Laura) – (Elena/Carmela)    0-3
Laura García- M Domínguez                  3-0
M. Barreira –  Elena Montaos                 1-3
Lara Romero  – Carmela Sanmartín      0-3
.
Debut na liga con derrota de AD Zas O Pinar, un pouco esperada pero tamén con posibilidades pero os nervios do inicio non favoreceron nada e crucial foi o primeiro partido donde Laura tivo oportunidade de superar a Elena pero cediu no quinto set. 
.
mellores lles esperan, pois o nivel destas xogadoras vai subindo e cando a Manuel Barreira deixe os nervios aparcados verase mellores resultados.
.
Compromisos para o vindeiro fin de semana
.
sábado 12 de outubro
as 17 h. no ximnasio do CPI de Zas
.
3ª división nacional
AD Zas Ponciano Nieto – Nautalia Viajes de Narón
.
1ª división galega
AD Zas Dimobel Bazar Baio – Finisterre Sphera de A Coruña
.
as 17 h  en Vimianzo
VTM Pinturas Figueiras – Oroso Rios San Giao
Domingo 13 outubro 
as 11 h no pavillón de Mazaricos
.
3ª división nacional
Concello de Mazaricos – Afer Formación Rábade
.
as 11h en Vilagarcía
2ª división galega
Vilagarcía Grafium – AD Zas O PInar

.

-Texto e fotos de Stevo Zas

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.