Os dous equipos ca Asociación Contra o Cancro.
Esta tarde de Luns de Pascua en Muxía foi unha tarde de moitos actos no Municipal da Arliña. Pou unha banda premiouse aos rapaces e rapazas que trunfaron o pasado ano no futsal con 3 campionas de España, no takewondo, judo, Selección Española de Fútbol, Copa da costa masculina e feminina, e tras estas entregas que iremos desgranando, unha hemotiva homenaxe e minuto de silencio na memoria de Abdulaye, Fall Seck, máis coñecido como “Abdulai”, por tódolos que conviviron con él e sentiron no máis profundo da ialma cando se desplomou no banquillo da Arliña na presenza dos seus compañeiros no descanso dun encontro de cadetes un 23 de abril do 2013.
Os irmáns de Abdulai, Moha e Alpha tras destapar a placa.
O CF Muxía plantou unha árbore a carón do saque de curruncho do nordés do campo e descrubeuse unha placa na memoria do senegalés, (cunha foto cedida o clube muxiñan por nós). Os seus dous irmáns, ex xogadores de base do CF Muxía estiveron presentes e despois formaron parte do choque que houbo antre o CF Muxía e unha selección de veteranos do equipo muxián.
Tamén estiveron presentes no evento as mulleres da Asociación de Loita contra o Cancro de Muxía, a máis sobranceira da Costa da Morte e que foron as encargadas da venta de rifas para unha gran cesta e un xantar no As Baleas, colaborador do club muxián. O recaudado foi para a axuda da loita contra esa lacra da saúde.
A todos estes actos deu apertura a vicealcaldesa Sandra Vilela, acompañada do alcalde Javier Sar, puxo en valor os méritos dos xoves deportistas así como lembrou a memoria de Abdulaye. O evento estivo orgañizado polo Concello de Muxía coa colaboración do clube de futbol.
Estamos traballando para ampliarvos a información de todo o acaecido no Municipal da Arliña.
.
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”
