TAN PATÉTICO FOI O SISTEMA DE COMPETICIÓN DA PASADA TEMPADA QUE ESTA SEMANA EN POUCAS HORAS A RFGF DEU COMO EQUIPO ASCENDIDO O MUXÍA CF E LOGO RECTIFICOU DANDO A ESTEIRANA COMO ASCENDIDO.

A Esteirana fixo un gran campionato de liga e de copa.

 

Que a ninguén lle gustou o sistema de competición que se fixo este ano sabémolo todos. Foron moitas as mensaxes que recibimos, os comentarios adversos en novas, os equipos que cando se viron coa vía de auga imparable laiaronse, pero tanto nos ascensos, coma nos descensos.

Por poñer un exemplo, na 3ª Galicia, 83ª da Costa), xogouse unha liga completa, logo partírona en dous para facer unha fase de ascenso, e esperar polos outros equipos para a Copa da Costa, e logo un Porteño que acabou perdendo a primeira liga por golaveraxe, quedou fora do ascenso na fase, por un mal encontro.

O Muxía CF e a SCDR Esteirana foron os grandes aniomadores da Liga da Costa, ademáis encontrándose no mesmo grupo. Quedaron campións os de Esteiro, e pasouse a unha fase de ascenso, na que empataron a puntos, cos muxiáns con 6 encontros de 6 disputados, e os de Esteiro, cos mesmos puntos, pero con 5 encontros gañados e 1 empatado. O de quedar igual, foi porque o que quedou primeiro na liga comezou con 5 puntos, o seguinte con 3…(outra animalada). 

Na clasificación da RFGF poñían, (e seguen poñendo), de primeiro o Muxía CF, e de segundo a SCDR Esteirana, cando na normativa de inicio de liga, xa avisaban, que en caso de empate iríase o golaveraxe da liga, na que so das Salinas tiñan unha media moito mellor ca dos muxiáns.

Tan patético foi o sistema de competición que nen na RFGF se aclara, pois nunha circular que lle mandaban os clubes, daban ao Muxía CF como equipo ascendido a 1ª Galicia, e ao día seguinte mandaban outra, tras algunha chamada, no que xa daban a SCDR Esteirana como equipo campión e ascendido. Un erro, sí, pero que denota que teñen que deixarse de facer encaixe de bolillo, e deixar o fútbol como sempre foi, e os ensaios…na cociña.

Que non saiba isto a que tiro para os muxiáns por ser de aquí, senón que como crítica constructiva, pois é moi pouco premio que un equipo que queda segundo, non teña dereito a xogarse como mínimo unha fase de ascenso coma as de sempre, e o primeiro subir direto, sen invemtos descafeinados. E falamos por arriba, pero se falamos por abaixo, que lle pregunten a equipos coma o Xallas, Laracha, Volantes, Baiñas, etc…

P.D . : E moito que dicir de que na Liga da Costa baixasen 6 e subise só 1…arrastres?…Sí…Inxustiza?…Tamén. Que premio ten o segundo?.

 

Primeira circular.

 

Segunda circular

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia