TAL DÍA COMA HOXE DE FAI 28 ANOS NACÍA A PEÑA DEPORTIVISTA “OS PIRATAS DE MUXÍA”.

 

Comezamos a ir a Riazor un grupo de amigos o día do ascenso do 1991, naquel lembrado encontro ante o Murcia, co incendio da cuberta da Grada de Preferencia Superior, na que concretamente nos atopábamos.

Desde ese día e co paso das xornadas, xa na 1ª División, o sentimento deportivista foi crecendo día a día. Cada vez o grupo de amigos que íamos a Riazor, éramos máis, e moitos deles xa socios. 

O amigo Pachi Dopico, daquela responsable das peñas do clube, animounos nun xantar a crear unha peña, e as ventaxes que tiña, e así foi. Decidímolo un 31 de Xullo de 1994, durante a procesión do Carme de Muxía, abordo do “Pirata”, o barco do meu pai, (de aí saeu o nome da peña), e tras pasar o verán, durante as festas de San Miguel, tivemos unha xuntanza no desaparecido restaurante, “2ª Pedra”.

Nesa xuntanza leéronse os estatutos, e presentouse toda a documentación que se presentara no Goberno Civil da Coruña para dar de alta a peña, como asociación deportiva.

Dende aquela orgañizamos viaxes a Riazor, e a fora de Galicia co equipo, orgañizamos viaxes, (subvencionadas polo RC Deportivo e o Concello de Muxía, así como a peña), para levar a centos de rapaces a Riazor, dos que hoxe en día moitísimos son socios, ou asíduos a Riazor. Creamos deportivismo e amosámoslle aos nenos o que era ser dun equipo de fútbol familiar, o que podías ver en direto, fotografarte cos xogadores nio campo, e falar con eles fora…non un equipo das televisións.

Orgañizamos concursos escolares de postais de Nadal, caretas de Antroido, poesía, maratóns de futsal, galas do deporte da costa, recollida de alimentos e materiais, para os máis necesitados, colaboracións en campañas da Federación de Peñas e do clube, creación da web www.piratasdemuxia.es no 2007, hoxe en día con en torno ás 60.000 visitas o día, etc, etc, etc…

Agora 28 anos despois seguimos apoiando o clube, o equipo, a Federación, no que sexa menester e dentro das nosas posibilidades, e seguimos acudindo a Riazor. Tras oir tantas veces, que así que o Depor deixase de estar no máis alto, desapareceríamos do campo. Verbas de madridistas e barcelonistas reprimidos, que non saben o que é o sentimento por un equipo, e non polos resultados ou a categoría na que está. Cousa que quedou máis ca demostrada, e que queda ano tras ano.

Quen diría que íamos a vivir o que vivimos co noso querido Depor, no bo, no mellor, no malo, e no máis malo. As cousas están condenadas a repetirse, e quen sabe se como lles pasou a aqueles que xa viron o equipo na 3ª División, e non creían o que estaban vendo cando gañamos títulos e xogamos cos grandes de Europa, se cos anos voltará a pasar. O que é seguro é que o noso sentimento non entende nada máis ca dun escudo, nunhas cores e nunha pasión…a deportivista!!!.

Felicidades a tódolos socios da nosa peña, e un recordo para os que nos deixaron.

Forza Depor!!!

Xosé Búa

(Presidente-fundador da Peña “Os Piratas de Muxía”)