TÁBOAS DOS PICHICHIS DA COSTA : 3ª DA COSTA, LIGA DA COSTA E 1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO.

 

Sin trocos nas cabezas de táboa de pichichis

Lucas Caamaño, segue a ser o goleador absoluto da costa, e ainda que esta pasada semana o seu equipo, CF Porteño, gañou 9-2, él só marcou un, nos 55 minutos que xogou para chegar aos 23, (un só de penalti). Si marcou 2 o seu compañeiro Álan Suárez, segundo máximo goleador da 3ª da Costa. O promedio de Lucas é de 1´53 goles por encontro, o máis alto de tódalas ligas nas que hai equipos da costa. Antre os dous xoves da Ponte do Porto, nesta 3ª da Costa, suman máis goles ca moitos equipos da costa, en conxunto. Pecha a liga nesta clasificación dos 5 máximos realizadores, o xogador do SD Camelle, Adrián Pasantes con 8 dianas, as mesmas que tamén teñen : Miguel Ángel, (SD Laxe), Eloy Suárez, (SCD Buño), e Álvaro Fariña, (Sporting Zas).

Na Liga da Costa segue a mandar o fisterrán do UC Cee, Isaac Fábregas, con 13 goles, pero estase a apretar a cousa, pois xa está Djbril do Camariñas FC a tan só 1 gol, e con Iván Rojo, (SD San Lorenzo), e Carlos Antelo, (Atlético Pereiriña FC), a 2. Os tres marcaron nesta pasada xornada.

  Na 1ª Galicia G2, outro fisterrán, Diego Estévez do CF Dumbría, suma un novo gol, e xa son 14, con Javi Souto do Soneira SD a 3, xa que esta pasada xornada marcou 2. 

 

 

 

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia