Lucas, Isaac e Diego Estévez copan os primeiros postos costeiros
Na 3ª da Costa, Lucas Caamaño, do CF Porteño fai un mes que non xoga por lesión grave que fixo que xa dixese adeus a tempada, pero segue a ser o goleador absoluto da costa, e tamén segue de segundo o seu compañeiro Álan Suárez, a pesares de estar tendo un tramo de competición con sequía anotadora. O podio desta categoría péchano, Carlos Antelo “Charli” do Atlético Pereiriña FC, e Álvaro Fariña, (Sporting Zas), que suman un gol máis ca Adrián Pasantes, que volve forte despois de tempo lesionado, e cos mesmos 12 goles co xogador do SD Camelle, están : Dani Mato, (Sporting Zas), Raúl Antelo “Ruli”, (CD Baiñas), e Iago Torres, (SD Laxe).
Na Liga da Costa, o fisterrán do UC Cee, Isaac Fábregas, da un golpe enriba da mesa, tralos 4 goles que lle endosou ao Cabana SD nesta pasada xornada, e abre fenda con Djbril do Camariñas FC , e quen lle aguanta o tirón é Iván Rojo, (SD San Lorenzo), que está a 2 do fisterrán, e supera o camariñán. Sube o podio Xián Saborido do UD Monte Louro, que se pon a 3 do de Verdillo e a 5 do pichichi.
Na 1ª Galicia G2, o fisterrán, Diego Estévez do CF Dumbría, non hai quen o baixe do máis alto da táboa da categoría, así como a Javi Souto, (SD Soneira), que leva moito tempo de segundo da liga, así coma Iván Noya e Esteban Capelo, que van da man completando o podio dos da costa, no caso deles dous, non da liga. Por detrás deles a un só gol chega Xabier do CF Dumbría.
-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”