Svensson acabou con molestias en Alcorcón.
Esta mañán cedo almorzábamos ca mala nova de outra baixa nas filas do Depor. O clube anunciaba que tras realizarlle probas médicas a Max Svensson, estas arroxaban que sufría un problema nos isquiotibiais, das que unha vez máis non se desvela do grao de gravidade.
O que sí é seguro é que será baixa para o encontro do vindeiro sábado ás 19:00 horas, (18:00 GMT), en Riazor ante o Sanse. Encontro para os que son baixa segura ademáis de Svensson, Raúl Carnero, tamén por lesión, e Mackay pola expulsión do pasado sábado en Alcorcón.
As rapazas, Laura e Henar, do feminino xa na casa
O pasado Domingo as rapazas do Deportivo feminino, Laura Fernández e Henar Muiña, chocaron de maneira fortuíta na disputa dun balón dividido cunha xogadora do Granada CF. Laura Fernández, que non puido continuar sobre o céspede e foi trasladada en ambulancia a un centro médico, sufriu un corte na zona periorbital. Pola súa banda, Henar Muiña recibiu un forte golpe con ferida na fronte aínda que, cunha vendaxe, puido concluír o partido.
No día de onte recibiron a alta hospitalaria no Hospital de Neurotraumatología e Rehabilitación de Granada e, acompañadas por Rocío Candal, Responsable do Déportivo Feminino, regresaron xa á Coruña.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia