O Soneira SD recibía o CF Dumbría.
Como xa augurábamos fai uns días, a volta do fútbol ía a ser complicada debido a avalancha de casos de COVID-19, que ata no fútbol profesional superou os máis de 100 casos amplamente.
No día de hoxe tiñan que xogarse 3 encontros da 9ª xornada da 1ª Galicicia Grupo Santiago/A Costa 2 B, pero os 3 foron suspendidos por positivos en varios dos equipos, polo tanto o SD Soneira-CF Dumbría, SD Negreira-Corme CF e CD Baio. Esta é a segunda suspensións destes encontros, a primeira polo triste e tráxico pasamento do colexiado cormelán, Lucas Vivente Vidal en accidente de tráfico, (D.E.P.). Si se xogaron os outros dous encontros desta 9ª xornada dos que tes a crónica máis abaixo e nos que o Mazaricos CF derrotaba ao SD Ponteceso, (4-0), e o SD Tordoia vencía no campo do CD Belvís, (0-5).
9ª Xornada
Domingo 2 de Xaneiro 2022
Soneira SD – CF Dumbría
-Suspendido-
Hora : 16:00
Campo : “Jesús García Calvo”, (Negreira)
Colexiado : Por determinar.
CD Baio – Volantes de Baño CF
-Suspendido-
Hora : 16:30
Campo : “Platas Reinoso”, (Baio)
Colexiado : Por determinar
SD Negreira – Corme CF
-Suspendido-
Hora : 17:00
Campo : “Jesús García Calvo”, (Negreira)
Colexiado : Por determinar.
Domingo 26 de Nadal
Mazaricos CF 4-0 Ponteceso SD
Hora : 16:00
Campo : “Pedra d´ouro”, (Pino do Val-Mazaricos)
Colexiado : Luis M. Insua Lagoa.
O equipo mazariquense ponse segundo a puntos co SD Negreira que non xogará ata o vindeiro 2 de Xaneiro, tras derrotar ao Ponteceso nunha tarde de cans, con vento e choiva. Saeu en tromba o equipo local e deixaba moi encarrilado o choque antes do cuarto de hora de xogo. Era primeiro Kevin aos 10 minutos de xogo o que abría o marcador, e tan só 3 minutos despois Marcos Corzón facía o segundo. Resultado co que se ía a vestiarios. Na reanudación o equipo pontecesán saeu con forza e tivo ocasións como para meter ese gol que os achegara a posibilidade de loitar polos puntos, pero xa cos dous equipos moi cansos do titánico esforzo, polas condicións atmosféricas e tendo en conta que os corpos tiñan enriba os excesos do Nadal. Mario no 82 deixaba finiquitado o choque e Adrián Cives facía o cuarto no 87, cos equipos xa pensando máis en que se acabase canto antes o encontro.
Xogado o Domingo 19 de Nadal
CD Belvís 0-5 SD Tordoia
Hora : 16:30
Campo : “As Cancelas”, (Santiago de Compostela)
Colexiado : Manuel Castro Mouzo. Un cartón amarelo para os locais, e 2 para os visitantes.
Golpe enriba da mesa do SD Tordoia de Marcos Donnici, que remata o ano como lider con 21 puntos, 2 máis co SD Negreira que ten un encontro menos, o que deberá xogar o vindeiro 2 de Xaneiro de 2022 ante o Corme CF no “Jesús García Calvo”. Os tordoieses puxéronse 0-2 con goles de Denís Pose, (7´) e Óscar Andrade, para na segunda metade golear con tantos de Óscar, (53´), Denís Pose, (68´) e Abel, (71´).
-Foto : Santi Branda
-Texto : piratasdemuxia