SUSPENDIDO O DEPORTE FEDERADO AUTONÓMICO POLO AUMENTO DE CONTAXIOS NO NOSO PAÍS POLO COVID-A9

 

O SecretarioXeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete, mantivo esta tarde unha xuntanza con todas as federacións deportivas galegas para tratar a suspensión do deporte federado. “O deporte ten que tomar un tempo morto, un respiro para reflexionar”, dixo trala xuntanza o político galego, que anunciou que : “Queda suspendido o deporte federado de ámbito autonómico por mor do avance da COVID.

Si poderá haber adestramentos individuais ou en grupos, cun máximo de 4 persoas. As competicións a nivel esatl terán permiso para moverse en concellos con peche perimetral coma os traballadores, pero deberán informar a Xunta de Galicia nun formulario dos compoñentes das expedicións.

A duración destas restriccións non ten data e será ata que mellore a presión de contaxios que está a batir records e afogando a poboación en xeral e rexistrando números desorbitados de mortes diarias.

-Foto e Texto : piratasdemuxia