SUSPENDIDA TÓDOLOS PARTIDOS DAS DELEGACIÓNS DE FERROL, A CORUÑA, A COSTA E SANTIAGO PARA ESTE SÁBADO.

 

Xa o decíamos onte que a RFGF debería suspender tódolos encontros dos equipos do litoral habida conta do forte temporal de travesçia, (oeste), que imos ter durante toda a xornada que levará consigo ventos con refachos de máis de 120 kms/h, e a intervalos fortes chubascos. Un tempo que o vir do mar afecta en moita maior medida o litoral, especialmente a tódolos campos que están abertos ao oeste.

Unha medida que foi anunciada na noite de onte, tarde xa para moita xente que xa tiña planificada a viaxe, pero con coherencia para evitar calquer tipo de accidente tanto nos campos coma nos desprazamentos.

Na costa para hoxe tal e como vos adiantamos na axenda publicada na mañán do venres tíñamos 18 encontros de fútbol 11 base, (xuvenís, cadetes e infantís), e un senior  de 1ª Galicia G2 , o San Lorenzo-Tordoia. Ademáis dos encontros de Fútbol 8.

A xornada do Domingo mantense.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”