SUSPENDIDA A XORNADA DO SÁBADO NO FÚTBOL SENIOR E BASE DA RFGF

O SD Camelle-Corcubión é un dos encontros suspendidos.

 

Debido ao forte temporal de WSW que se espera para mañán sábdo 21 de Nadal, a RFGF decideu suspender as actividades deportivas exteriores de senior e base.

Con bo criterio a FederaciónGalega decideu suspender a xornada de mañán sábado debido a que se esperan ventos superiores aos 130 Kms/h, (en especial antre ás 10:00 e ás 22:0o horas, que ademáis virán acompañadas de fortes chubascos intermitentes. Unha situación climatolóxica adversa que se suma as fortes chuvias de toda a semana, que agrabará sensiblemente ao mal estado dos terreos de xogo e que como é de supoñer, a perigosidade para os desprazamentos de equipos e afeccionados, esta situación multiplícase na costa o ser un vento do cuadrante W e que sopra dende o mar. Asimesmo moita precaución nos pobos de mar, xa que espérase mar de fondo de 10 metros.

No fútbol senior da costa tan só afecta a dous encontro. Na Liga da Costa estaba designado o UC Cee-CD Muros e na 3ª da Costa o SD Camelle-UD Corcubión. No fútbol base había un sinfín de encontros dende os Xuvenís ata os prebenxamíns, tanto en ligas costeiras como en ligas galegas con equipos costeiros.

A xornada do Domingo segue en pé, ainda que as condicións non van a ser tan duras coma as do sábado a xornada para nada estará agradable.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies