SUSPENDIDA A 41ª Xda DA 2ª DIVISIÓN POLA MORTE DE REYES.

A Liga de Fútbol Profesional decideu esta mañá suspender a xornada 41ª da 2ª División trala tráxica morte do xogador do Extremadura, José Antonio Reyes, ex de equipos coma o Manchester ou o Sevilla CF no que xogou a maioría da sua carreira. O xogador ex tamén da Selección Española de Fútbol de 35 anos de idade faleceu nun accidente de tráfico esta mañça´., e tamén un primo seu de 23 anos. Outro acompañante no coche accidentado que quedou dado volta e calcinado, está ingresado con graves queimaduras.

A xornada trasládase ao martes 4 de Xuño a partires das 21:00 horas, (19:00 GMT).

O noso máis sentido pésame a familia e amigos dos falecidos, 8D.E.P), así coma a familia que forman o Extremadura e o Sevilla CF.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies