Este Domingo a partires das 19:00 horas o Depor enfrontarase ao SD Huesca, un dos recén ascendidos que por esta condición é un dos favoritos aos ascenso como o foron o ano pasado o RC Deportivo, o Málaga CF e o UD Las Palmas, polo seu potencial económico co seguro de descenso.
En Huesca vaise topar o Depor no equipo contrario a varios ex deportivistas, coma Luisinho que deixou o equipo o baixar a segunda e na operación saida para reducir soldos altos, Pedro Mosquera, que o fixo este mesmo verán polo mesmo e a Juan Carlos que decía onte que : “Non houbo unha oferta en concreto”, cando o seu representante xa lle pechou as portas o RC Deportivo decíndolles que tiña ofertas de Primeira e do extranxeiro, para acabar fichando por un Segunda, onde de seguro lle pagarán máis, ao igual ca Pablo Insua que sonaba fai uns días a sua volta pero que tamén acabou recalando no equipo oscense.
Unha proba máis de que aquí os bicos no escudo e logo a “pela” é o que importa. Algo que é o máis normal. Logo están os Álex Bergantiños, eses que antepoñen o sentimento aos cartos, que son “rara avis” e nunca dan a espalda.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es