SUPERCOPA DE ESPAÑA DE IUDO EN AVILÉS : “MAGNÍFICA EXPERIENCIA PARA OS REPRESENTANTES DA COSTA DA MORTE”.

De esquerda a dereira :

Borja Villar, Naira Blanco, Daniela Castiñeira, María Tajes, Lucía Pazos, Raúl Ponte

 

Se xa fai duas semanas os rapaces e rapazas da Costa da Morte que participaron na Supercopa de España celebrada en Vigo foi unha magnífica experiencia, desta volta repetiuse e con maior satisfacción en Avilés, (Asturias), nunha competición con mais de 2000 deportistas, de ambos sexos, divididos nas categorias de infantil, cadete e xunior. Participaron todas as comunidades de España e Portugal, Francia e Holanda, o que deu a este torneo que ademáis de Supercopa de España era “XIX Torneo Internacional de Judo Villa de Aviles” e o “VIII Memorial Agustín Pérez”.

A Costa da Morte estivo unha vez máis ben representada i en categoria cadete, a muxiana, Daniela Castiñeira, e os coristanqueses, Borja Villar e  Naira Blanco, caían en primeira rolda, optando só Naira Blanco a repesca, e tras gañala caía na seguinte rolda. Na categoría infantil a muxiana de Merexo, Lucia Pazos, a tamén muxiana de Suxo, Maria Tajes e o carballés, Raúl Ponte eran os nosos representantes e caían na primeira rolda e optaba a repesca Maria Tajes.

Para todos eles foi unha experiencia extraordinaria como nos comenta a muxiana de Os Muiños,  Daniela Castiñeira, cinturón negro cadete : “A saida ao tatami é unha presión incrible, pero a experiencia merece a pena. O iudo ensina moito sobre o traballo, o esforzo, o sacrificio e a disciplina, e permítenos viaxar e coñecer xente nova e marabillosa”.

 

A nosa felicitación a todos eles/as que levan o nome da Costa da Morte por tódolos lugares que van con este duro deporte de contacto.

 

-Foto e texto : Isma “Pardelo”-piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.