SUPERADOS OS 20.000 SOCIOS A DUAS SEMANAS DO COMEZO DA LIGA.

 

Xa o decíamos antonte cando se superaban os 19.000 socios, o ritmo de renovacións estaba saindo en torno ás 1.000 por día, e agora co a apertura das novas altas esto ía a manterse, e así foi. Na tarde de onte chegábase aos 20.223 socios renovados, e con novas altas, que ata agora só se poden facer de maneira presencial con cita previa o que ralentiza a xestión pois hai que esperar a vez.

Non fai falla decilo pois é unha realidade ano tras ano…esta afección non entende de categorías, e o máis bonito e que hai moita chavalada, o que fai que esto non decaia, pero o clube debe coidar isto, e dar na medida do que merece a afección.

Agora mesmo o RC Deportivo é o clube con diferenza con máis socios dos 40 equipos da Primeira Federación, cáseuqe dobrando o segundo que nestes intres era o Málaga con 12.000 renovacións. O Depor é un dos clubes de fútbol con máis socios en España. Ademáis somos moitos os que ademáis renovamos ao mesmo tempo co Deportivo Liceo Hockey Club.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”