Xa somos máis dun milleiro os que temos o novo carnet do Depor 2019/20
No día de onte renobaban o seu abono para a tempada 2019/20 584 socios, dos que a metade collían ademáis o suplemento de 5 euros para apoiar tamén ao Deportivo Liceo Hoquei Club. Dos preto de 600 socios máis de 100 eran denovo cuño. No día de hoxe a Oficina de Atención ao Deportivista, (OAD), despachou outro medio milleiro de carnets, polo que se superaron os 1.000 socios renovados, (antre eles novos abonados), unha cifra que iguala as campañas en Primeira División.
A Segunda División que nos espera é moito máis atractiva ca do ano pasado con moitos equipos teoricamente cercanos e con máis da metade, (16) de Madrid hacia norte. O afeccionado deportivista nunca falla e a pesares do disgusto do derradeiro encontro de liga, todo apunta a que se superarán con creces os 20.000 afeccionados un ano máis, (o ano pasado máis de 23.000).
Hai moitos alicientes cos novos carnets, que homenaxean o 75 aniversario da inauguración do Estadio de Riazor, e ademáis de bonificacións e decontos, ata o 13 de Agosto e por levar novos socios, o maior é o de apoiar o Deportivo Liceo Hoquei Club, para o que un socio deportivista tamén o é do clube liceista pagando un suplemento de 5 euros, e a ventaxe este ano de poder ver a 1ª División Española de Fútbol Feminino, (Liga Iberdrola), co Deportivo ABANCA, competindo ao carón dos 15 milleros equipos de España de fútbol feminino.
Apoia ao Deportivo Liceo HC, cun suplemento de 5 euros co teu carnét : “PULSA AQUÍ”, para ver a información.
Tódolos prezos e bonificacións : “PULSA AQUÍ”.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es