SUFRIDA VITORIA DO FISOBER FSF SOBRE O FILIAL DO BURELA FSF, (1-2), CO RETORNO DE MAI E CARRE AUSENTES DENDE FAI MOITO TEMPO.

PREFERENTE GALICIA FEMININA

2ª xornada

 ADC BURELA PESCADOS RUBÉN 1-2 FISOBER F.S.F.

BURELA: Iria, María, Adilsa, Xela, Cris, tamén xogaron: Nerea, Ainhoa, Carmen, Carla, María Fuente, Claudia.

FISOBER: Lía, Mai, Adriana, Paula Fandiño, Uxía; tamén xogaron: Carre, Lucía Martínez, Saray, Nerea,Lucía Canosa, Sharay.

ÁRBITROS: Tania Penabad, Antía Cabanas.

GOLES: 0-0 ao descanso, 0-1 min 34 Paula Fandiño, 1-1 min 37 Carmen, 1-2 min 37 Paula Fandiño.

Partido correspondente a 2ª xornada da Liga Preferente Galicia Feminina no seu Subgrupo A disputado na tarde do sábado no P. Monte Castelo de Burela.

Sufrido triunfo do Fisober na súa visita ao filial do Burela, nun partido moi igualado que se decidiu nos últimos minutos, despois da viaxe máis longa da tempada. Pero sen dúbida a mellor nova foi a volta de Mai e sobre todo de Carre despois dunha longa lesión.

Iniciou o partido cunha oportunidade o Fisober cun lanzamento de Paula Fandiño, un rexeite da porteira que aproveitaba Adriana para deixar para Uxía que tiraba fora.

As costeiras comezaban co dominio do balón pero as locais poñían en apuros a Lía a contra.

Respostaba o Fisober cun lanzamento de Paula que desviaba a porteira a saque de esquina e cun un para un de Uxía que case marca no rexeite.

O partido estaba a ser con moito desorde e cos equipos imprecisos co balón.

Uxía tiña unha nova oportunidade pero o seu envío foise desviado. Rematando esta primeira metade era anulado un gol a Mai xa que a colexiada entendeu falta. Antes de rematar a primeira metade a mesma Mai tiña unha oportunidade despois de parede con Adriana.

A segunda metade tivo un pouco máis de ritmo por parte de ambos conxuntos. Xa no arranque Mai tiña que ser parada cando encaraba a portería e no lanzamento Paula Fandiño facía lucir a porteira local.

Adriana despois dun pase da Paula Fandiño tiña unha boa oportunidade e a mesma Paula Fandiño cun lanzamento e posterior rexeite nunha xogadora local a piques estivo de abrir o electrónico.

Pero as locais seguían a saír en perigosas contras.

Despois dun saque de esquina tivo unha boa opción Mai. Tamén a tivo Adriana despois dunha volea. O Fisober apretaba e a nove para o fin producíase unha expulsión no Burela por dobre amonestación. Pero o Fisober non foi quen de aproveitar a superioridade e cando as locais recuperaban unha xogadora para igualar número, Paula Fandiño adiantaba as costeiras cun lanzamento ao borde do área.

O Burela deu un paso adiante tralo gol e poñía en moitos apuros ao Fisober. Primeiro cun tiro ao pau e despois poñendo en apretos a Lía.

Pero o Fisober non se amedentraba e Adriana mandaba o balón ao longueiro local. Nese ida e volta unha contra local poñía a igualada cun gol de Carmen.

Pero pouco lle durou a ledicia as locais xa que acto seguido un lanzamento lonxano de Paula Fandiño voltaba a poñer ao Fisober por diante.

Últimos minutos de sufrimento para as visitantes con ocasións para as da mariña pero tamén para o Fisober por parte de Adriana.

Aínda así chegouse ao final con triunfo do Fisober que a vindeira semana recibe ao Vilalba en Dumbría.

-Foto : Fisober FSF

-Texto : Luis Sambad