SUBIRÁN E DARÍO COTELO DOUS EX DEPORTIVISTAS PARA O NOVO CORPO TÉCNICO DO BERGANTIÑOS FC.

 

O Bergantiños FC infórmanos que pecha o corpo técnico coas incorporacións de Subirán, como segundo adestrador, e Darío Cotelo, como axudante técnico e analista – scout do primeiro equipobergantiñista. Dous homes que axudarán a labor do novo técnico josé Durán.

Juan Ignacio Subirán, (A Coruña, 31/07/78), foi analista do Real Club Deportivo de La Coruña na tempada 20/21. Tamén adestrou na 19/20 ao xuvenil de honra do Club Deportivo Lugo e pasou polo Atl. Coruña Montañeros , entre outros clubes. No 2014 entrenou ao Cadete A do Deportivo converténdose en Campión de España e no 2013 Sub Campión. Tamén foi director dos Campus Cabreiroá do equipo herculino.

Darío Cotelo, (A Coruña, 29/06/1989) adestrou ao cadete de honra do RC Deportivo na pasada campaña. Anteriormente estivo nas filas do Ourense CF en Terceira División como 2° adestrador e analista. Do 2017 ao 2020 estivo nas filas da canteira do RC Deportivo: no xuvenil de honra de 2° adestrador, de analista e scouting e adestrador do Infantil A.

-Fotos : Prensa Bergantiños FC

-Texto : Prensa Bergantiños FC/ piratasdemuxia