Stoichkov embarca no Depor e Bouldine desembarca e enrólase no Granada.
-
O RC Deportivo oficializou a incorporación de Juan Diego Molina “Stoichkov” en calidade de cedido polo Granada, cunha opción de compra incluída na operación. Ademais, forma parte dun intercambio co Granada no que Mohamed Bouldini se vai ao club nazarí en préstamo tamén con opción de compra. O noso desexo de que todo lle vaia ven a Bouldini, excepto cando se enfronte a nós.
Perfil de Stoichkov e traxectoria profesional
-
Juan Diego Molina Martínez, coñecido como Stoichkov, naceu o 5 de novembro de 1993 en San Roque (Cádiz).
-
Formouse nas categorías inferiores do Espanyol, antes de pasar por clubes como o Cacereño, Algeciras B, Europa FC (Gibraltar), San Roque e RB Linense.
-
En 2018 fichou polo RCD Mallorca (catro anos, ata 2021), tras causar boa impresión na Balona.
-
Durante a súa etapa en Mallorca, estivo cedido na AD Alcorcón (2019-20) e no CE Sabadell (2020-21).
-
En xullo de 2021 fichou pola SD Eibar, onde se consolidou en Segunda División e destacou como goleador.
-
Co Eibar disputou 124 partidos, marcando 46 goles e repartindo 12 asistencias en Segunda División.
Primeira e regreso a Segunda
-
No verán de 2024 fichou polo Deportivo Alavés, asinado ata 2027.
-
No Alavés xogou 16 partidos (uns 780 minutos en Liga e Copa) sen chegar a anotar ningún gol.
-
En xaneiro de 2025 traspasouse ao Granada CF, con contrato tamén ata 2027, por un importe arredor dos 2,5 millóns de euros.
-
Ao chegar renováronlle contrato ata 2027; o seu obxectivo: axudar ao equipo a regresar a Primeira División.
-
Na súa primeira titularidade co Granada marcou un golazo de gran calidade, reafirmando a súa condición de “pistolero” da Segunda.
-
Na categoría de prata leva máis de 76 goles, e en todas as competicións xa suma máis de 102 tantos.
¿Por que se chama “Stoichkov”?
-
O seu alcume provén do mítico xogador búlgaro Hristo Stoichkov. O pai de Juan Diego era adepto do Barça e regentaba un bar en Barcelona, chegou a coñecelo persoalmente e comentou que nomearía ao seu fillo como el.