STEPHANNIE BLANCO SEGUNDA FICHAXE PARA O DEPORTIVO ABANCA 2020/21.

 

Stephannie Blanco Salazar (Talamanca, Costa Rica, 13 de decembro de 2000) converteuse hoxe en nova xogadora do Deportivo ABANCA para a temporada 2020-2021.

Como a primeira fichaxe das Nosas para esta campaña, Noelia Bermúdez, Stephannie chega procedente da Liga Deportiva Alajuelense do seu país natal, equipo polo que fichou a comezos deste mesmo ano. Internacional costarriqueña en todas as categorías até a absoluta, deu o salto ao fútbol profesional aos 14 anos no Arenal de Coronado de San José, cando se trasladou á capital do seu país desde a rexión indíxena na que naceu a futbolista aborixe. Após dous anos deu o salto ao ADFF Coronado.

Xoga como central aínda que ten un importante olfacto goleador, xa que anotou 14 goles a pasada temporada e esta abriuna marcando aos 3 minutos do seu debut na Liga Deportiva Alajuelense. Ademais, este 2020 resultou seleccionada como titular no mellor 11 preolímpico da CONCACAF.

O Dépor ABANCA segue dando forma ao seu cadro de cara ao próximo exercicio. A fichaxe de Stephannie Blanco únese ao do seu compatriota Noelia Bermúdez e ás renovacións durante as últimas semanas de Sullastres, Peke, Athenea, Cris, Alba Merino e Noelia Villegas.

 

-Fotos e Texto : RC Deportivo

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.