SORPRESA FUTBOLÍSTICA MONUMENTAL O MÍTICO DA COSTA, “TASKI”, NO DÍA DA SUA VODA.

 

Este pasado sábado 14 de Agosto, o mítico xogador da costa, José Antonio Blanco Carballo”Taski”, casaba con Tamara da cervecería de Baio, coas cámaras do fotógrafo muxián, Xesús Búa, de “Foto Lolas”, para inmortalizar o feliz acontecemento.

Trala ceremonia na illa do Pazo do Tambre, pasouse a comellada ca familia e amigos. Cal sería a sorpresa de “Taski”, cando un grupo de amigos, Luis, (CF Dumbría), José “Pato”,  (UC Cee), Victor (CD Baiñas), Braulio, (SP Zas) , entregáronlle unaha camiseta enmarcada de cada equipo nos que estivo con eles.

Ademáis Esteban e Crístian, déronlle unha foto daqueles tempos e o seu compañeiro, presidente, e amigo no CD Baiñas, Juan deulle outra camiseta do CD Baiñas cos nomes da parella nas costa, “Tamara e Taski”. Uns detallazos que lle chegon o corazón a 2Taski”, a sua dona Tamara e aos que os acompañaban.

 

Taski e Tamara no intre do : “Si quero”.

 

Dende piratasdemuxia.es, a nosa máis cordial noraboa a parella, que sexades moi felices…e Taski…Coidado cos penaltis!!!.

 

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : Xesus Búa “Foto Lolas”.