SONEIRA E LIRA ACADAN O ASCENSO A LIGA DA COSTA 2024/25.

O Soneira celebrando na porta do concello.

 

Namentras que todo o mundo estaba pendente a Copa da Costa, tanto feminina coma masculina, Soneira, Oza, Sofán B e Lira pensaban nas suas finais particulares para poder acadar o ascenso a Liga da Costa 2024/25.

 

 

O sábado foi o turno dos vimianceses e os ocenses. O Soneira traía un claro 1-4 do encontro de ida, pero o encontro para nada foi de especulación. Moito contacto físico, dous expulsados no equipo soneirán, Javi Oreiro, (56´), e Javier García, (59´), e dous no Oza, Mohamed, (56´), e Raúl, (73´e 85´). Tres delas por vermello direto. Un total de 13 cartóns amosou Roberto Baña durante o choque, o que amosa a intensidade ca que se viveu o encontro. Javi Oreiro adiantaba aos vimianceses aos 12 minutos de xogo e dez minutos despois Alberto “Vía” poñía a sentenza na eliminatoria. Abib marcaba o gol da honra para os ocenses no 50.

 

 

O Domingo era o turno do Sofán B e o Lira. Os sofanistas que conviviron gran parte da tempada vivindo cos postos de ascenso direto e que un gran Xallas e un similar Corcubión llo quitaron dos beizos. Partían como favortiso ante os lirachos, que entraron a empurróns na fase de ascenso e que facían valer a veteranía, sobre un equipo o de Barca repleto de xuventude e futuro.

O 2-1 da ida, a favor dos de Lira, facía que todo estivese aberto, e máis que o estaba cando o fío do descanso, Raúl, facía o 1-0 a prol dos carballeses, (42´) e máis cando xa na segunda metade, Nacho, (72´), facía o 2-0 e poñía a eliminatoria do seu lado. A rápida resposta dos lirachos foi clave, pois dous minutos despois do 2-0, Pablo Leis poñía a eliminatoria igualada e había que ir a prórroga. Ángel no 95 facía o 2-2 e tocaba defender contra un Sofán B que non lle perdeu a cara o encontro e que tivo ocasións como para levarse o choque, o que lles daría o pase a Liga da Costa por quedar igualada a eliminatoria na prórroga e haber quedado por enriba na liga, pero ese gol non chegou. A pesares da trascendencia do enfrontamento o choque foi limpo e o colexiado tan só amosou 4 cartóns, dous por equipo, un deles vermello, o sofanista Manuel, que levaba 10 minutos no terreo de xogo cando era expulsado, (115´).

 

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Soneira e o Lira, xogadores, afección, diretivos…e os nosos ánimos para tódlos que forman o Oza e o Sofán B.

 

-Fotos Soneira : Josiño Abelenda

-Foto Lira : CF Lira FaceBook

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies