SONEIRA E CORCOESTO XOGARÁN A FINAL DE VETERANOS POLO ASCENSO A DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS DA COSTA.

 

SD Corcoesto e Soneira Veteranos chegaban a volta de semifinai polo ascenso a División de Honra de Veteranos coa vitoria por 3-2 sobre CD Nantón e Veteranos SCD Malpica, tal como apuntábamos na previa, as espadas estaban en todo o alto xa que os dous goles que marcaran a domicilio nantoneses e malpicáns deixaban todo aberto para a volta, pero malpicáns e cabaneses voltaban a gañar os encontros, no caso dos de Vimianzo por 2-4 e no caso dos de San Pedro de Corcoesto por 0-2, o que leva aos dous a xogar a finalísima polo ascenso que terá o encontro de ida o vindeiro Domingo 97 de Maio do 2023 en Vimianzo a partires das 10:00 horas.

 

Veteranos SCD Malpica 0-2 SD Corcoesto

Tras unha primeira metade na que non se pasou do empate chegaba o gol dos visitantes pasada a hora de xogo, (66´). O encontro siigueu aberto ata o tempo de desconto no que chegaba o 0-2 definitivo que poñía de cheo aos de Corcoesto na final.

 

CD Nantón 2-4 Soneira Veteranos

Choque tremendamente disputado e que non se rompeu ata o treito final, pois ainda que na primeira metade se adiantaban os vimianceses de penalti aos 13 minutos e poñían terre de por medio 4 minutos despois, chegábase a unha segunda metade na que os nantioneses daban un paso adiante e tras acurtar a hora de encontro, conseguían empatar no 85. Volveu o Soneira polos foros da primeira metade e conseguía poñerse por diante un minuto despois. Gol que fixo moito dano nos de Nantón, pois a seguinte xogada tralo saque de curruncho facían o 2-4, que xa mataba o encontro e tiraba polo chan a reacción local

 

-A cronoloxía dos goles é a das actas da RFGF-

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies