Non puido ser e tanto Baio coma Soneira caían nos encontros de volta das semifinais polo ascenso a 1ª Futgal, e o non ascender como mínimo un deles o Coristanco por arrastre cae da Liga da costa a 2ª da costa.
Os baieses tiñan da ida un empate a ceros, (0-0), ante o Cacheiras que no Platas Reinoso adiantábase aos 75 minutos de xogo, gol que igualaba MC antes do final do tempo de xogo. Na prórroga os visitantes farían dous goles máis para deixar fora ao Baio.
Pola sua banda o Soneira tiña un 2-0 da ida pero, tal e como nos contan, “fixéronlle un atraco descarado, para que xa non tivera que chegarse o que se chegou. A idea era que non se tivera que ir os penaltis pero o Soneira deuno todo e contra todo”.
O equipo vimiancés veuse por detrás do marcador aos 12 minutos de xogo pero consigue empatar pouco despois e vesuse remontado antes do tempo de lecer. Na segunda metade o Riotorto igualou a eliminatoria nos derradeiros suspiros do encontro. Trala prórroga foise aos penaltis e aí trunfou o equipo local.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto Soneira : Lolita Campaña
