Soneira-Dumbria e Fisterra-Baio a atención da costa esta semana

-Fin de semana de derbis da costa-

-A Esteirana xógase moito ante o Bastavales-

28ª tirada da 1ª Galicia G2, na que unha vez máis verase o boa que sería unha 1ª Galicia da CostaSD Soneira e CF Dumbría no día de hoxe, e SD Fisterra e CD Baio, mañán Domingo, reeditarán cos derbis da costa, como xa pasou o 11 do 11 de 2018 na 11º xornada, o que representan os enfrontamentos antre equipos da costa, nunha liga descafeinada cos equipos da zona de Santiago. Tanto o Municipal de Vimianzo coma o “Ara Solis”, albergarán un gran número de siareiros, o que se verá refrexado tamén nas propias localidades de Fisterra e Vimianzo. Ben situados os 4 equipos costeiros, o equipo viminancés buscará sumar os 3 puntos para ir finiquitando a permanenza e o dumbriés, cun conxunto moi xove, seguir crecendo e subindo chanzos. Sen dúbida o que máis se xoga é o equipo fisterrán, segundo, en posto de promoción e a 2 puntos do lider, Sigüeiro CF, pero o equipo baiés, segue mirando a terceira praza e tratará sumar para poder seguir optando a ela. Para este encontro “Os Rapacollóns Big Band”, afección extraordinaria do SD Fisterra, leva animando aos seus siareiros toda semana, ata cun vídeo de chamamento, e terán a seu carón outra gran afección como é a do CD Baio, que tamén acudirá en masa a animar. Aquí vos traemos todo o necesario para seguir estes encontros, con toda a información sobre os mesmos. Por outra banda o SCDR Esteirana, que tras comezar o ano de maneira extraordinaria, deu un paso atrás e mañán Domingo, ten un encontro vital, que pode decantar o futuro do equipo, enfronte terá no “Xosé Luis Vara” ao Bertamiráns FC, que está xusto por debaixo dos esteiráns na penúltima posición a 2 puntos dos de Esteiro. Polo tanto un rival directísimo. O clube das “Salinas”, nos derradeiros encontros está a pagar moi caro a falla dun goleador trala lesión de Rober “Pladur”.
SD Soneira-CF Dumbría
 
Campo : Municipal de Vimianzo
Día : Sábado 30 de Marzal
Hora : 19:00
Árbitro : Diego Seoane, (Comité da Coruña)
Asistentes : Iago Varela e David Seoane, (Ambos do Comité da Coruña)
Resultado primeira volta : 3-1
Posto SD Soneira : 11º con 32 puntos
Posto CF Dumbría : 7º con 38 puntos
Máximo goleador SD Soneira : Aarón, Basti e Piti todos eles con 5
Máximo goleador CF Dumbría : Yuyo con 17, (2 de penalti).
SD Fisterra-CD Baio
 
Campo : Ara Solis, (Fisterra)
Día : Domingo 31 de Marzal
Hora : 17:00
Árbitro : Arturo Díaz, (Comité de Pontevedra)
Asistentes : Pablo Blanco e Félix Queija, (Ambos do Comité de Santiago)
Resultado primeira volta : 4-0
Posto SD Fisterra : 2º con 62 puntos
Posto CD Baio : 4º con 53 puntos
Máximo goleador SD Fisterra : Adrián “Makaay” con 18, (3 de penalti)
Máximo goleador CD Baio : Martín “MC” con 25, (5 de penalti).
SCDR Esteirana-Bertamirás FC
 
Campo : Xosé Luis Vara, (Esteiro-Muros)
Día : Domingo 31 de Marzal
Hora : 17:30
Árbitro : Marcos Bravo, (Comité Galego)
Asistentes : Miguel Ángel Lama, (Comité de Santiago), e Steven Muñíz, (Comité Galego)
Resultado primeira volta : 3-1
Posto SCDR Esteirana : 16º con 25 puntos
Posto Bertamiráns FC : 17º con 23 puntos
Máximo goleador SCDR Esteirana : Rober “Pladur” con 9, (4 de penalti)
Máximo goleador Brtamiráns FC : Julio Díaz con 8, (1 de penalti).
-28ª Xornada- 

31/03/2019

SCDR Esteirana 17:30 Bertamiráns CF
UD Bastavales 18:00 Val do Ulla UD
CD Lalín 16:30 Sigüeiro CF
SD Fisterra 17:00 CD Baio
Flavia SD 18:00 Esclavitude SD
SD Soneira 19:00 CF Dumbría*
Tordoia CF 18:00 Praiña Sporting Club
Cordeiro CF 17:00 Chaián CF
CD Unión 17:00 SD Piloño
 
*Todos o Domingo 31/03 agás o Soneira-Dumbría que é hoxe 30/03
 
 
CLASIFICACIÓN

-TÁBOA DE PICHICHIS-

-Martín MC, (CD Baio) : 25 (5 de penalti)

-Astray, (Sigüeiro CF), 20, (1 de penalti)

-Adrián “Makaay”, (SD Fisterra) : 18(3 de penalti)

-Jesús López, “Yuyo”, (CF Dumbría) : 17, (2 de penalti)

-David Pérez, (Flavia SD) : 14, (2 de penalti)

-Uxío, (Flavia SD) : 12, (3 de penalti)

Iván, (Tordoia CF) : 12.

(Os goles e goleadores son os recollidos nos actas arbitrais).

++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-