SOMMA PODERÍA TER AS HORAS CONTADAS NA CORUÑA.

Somma lesionouse no seu mellor intre de xogo.

 

Sorpresa monumental na afección ante a nova que saeu nos medios de comunicación da volta de papeis que parece ser está a dar Michele Somma, ao que o RC Deportivo lle renovou tras lesionarse gravemente do xeonllo, renovalo e recuperalo para o fútbol en Abegondo.

Parecía que ía a ser un dos buques enseña do novo proxecto pero agora segundo informa a Voz de Galicia e o DXT Campeón, (antre outros), o central que hoxe non estivo nos adestramentos, quer irse o seu país.

Un revés que ten tempo para ser subsanado, pero que sería un grande vacío nun home que ía a ser un dos fixos. Con esta baixa se se cumple, (que sería un acto de desagradecido), Fernando Vázquez ten en plantilla na zaga a Mujaid, Borka Granero e o xove xuvenil, Juan Rodríguez, que xa leva adestrando dende a tempada pasada co equipo, polo que terían que ir o mercado, cando parecía o cadro perfilado a espera da posible chegada dun dianteiro máis, ainda que Adri Castro, está a ser do gusto do adestrador e podería alternar o Fabril e o primeiro equipo.

 

Aarón Sánchez a Peña Deportiva

O xove canteirán deportivista Aarón Sánchez deixa o Fabril para “buscar novos retos”, tal e como apuntou nas suas redes sociais. Non tardou moito a Peña Deportiva de Ibiza en anuncialo coma nova fichaxe. O coruñés deixou unha mensaxe na que decía que “máis pronto que tarde voltaremos a atoparnos”, referíndose o RC Deportio. O ano pasado as órdes de Luisito xogou 24 encontros e marcou 5 goles.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia