SÓ O XALLAS FC COLLE VENTAXE NA “COPA DA COSTA INFANTIL”, (IDA DE SEMIFINAIS)

 

O Xallas FC ten pé e medio na final namentras Miúdos e Cee igualaban

Trala disputa da ida de semifinais da “Copa da Costa Infantil”  tan só o Xallas FC ten mi encarrilada a eliminatoria tras vencer a domicilio ao SD Fisterra por 2-4. ED Os Miúdos e UC Ce empataban en Muros, (1-1) e todo queda para o encontro de volta. Foron gañando todo o encontro os ceenses que vían como lles empataban a 2 minutos do final.

SD Fisterra 2-4 Xallas FC

Encontro no que se adiantaban os xalleiros cun tanto de Manuel aos 7 minutos de xogo. Resultado co que se ía o descanso. Xa na segunda metade Jesús facía o segundo para os xalleiros, (45´). Foise arriba o equipo fisterrán e conseguía acurtar distanzas e meterse no encontro cun tanto de Mauro, (51´). Na procura do empate caíalles o terceiro aos da Vila do Cristo, obra de Yago, (63´). Reaccionou rápido o equipo fisterrán que conseguía volver a meterse no encontro marcando o 2-3 xusto tras sacar de centro cun tanto de Guille. O gol da sentenza que lle pode valer un posto na final do día 22 ao Xallas FC chegou no desconto por medio de Fabio, (81´).

Goles : 0-1, Manuel, (7´); 0-2, Jesús, (45´); 1-2, Mauro, (51´); 1-3, Yago, (63´); 2-3, Guille, (63´); 2-4, Fabio, (80+1).

ED Os Miúdos 1-1 UC Cee

Adiantábanse os ceenses aos 17 minutos de xogo cun tanto de Sergio, resukltafdo co que se ía o descanso. Os muradánsxogaban na procura de buscar o empate e os ceenses repregados defendendo o resultado e saindo con perigosas contras. Tivo o premio do empate o equipo muradán cando Ángel batía a Yeray a falla de 2 minutos para o final do encontro, (78´). Queda polo tanto todo por decidir no encontro da vindeira semana no “San Paio de Refoxos”.

Goles : 0-1, Sergio, (17´); 1-1, Ángel, (78´).

 

+++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es