2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G3
-3ª XORNADA-Imaxe do UD Cerqueda da pasada campaña.
Nunha xornada que descansaba o Xallas FC, o UD Cerqueda era o único dos 3 equipos da costa que sumaba puntos. As cerquedenses derrotaban no Xaviña ao SR Calo por 1-0 cun tanto de Paula Calvo aos 18 minutos de xogo. Esta vitoria aúpa as cerquedenses ao coliderato, por detrás do CF Noia que goleaba ao UC Cee.
As ceenses caían de maneira trepidante na sua visita ao anexo o “Julio Mato”, nun choque no que tnon tiveron opcións e recibiron 3 goles en cada periodo. Presentáronse as rapazas dirixidas por Rafa Suárez no campo noiés con tan só unha xogadora de recambio no banco.
Tamén recibeu unha goleada o ED As Miúdas que encaixaban un craro 4-0 na sua visita a “Cañoteira”. Un par de goles en cada tempo recibiron as muradanas, que chegaron a xogar ao co Cacheiras SD, con 11 xogadoras xustas.
4º XORNADA
UC Cee-Amio SD, ás 18:00 horas do sábado 13/11 no “Sampaio de Refoxos”
ED As Miúdas-CF Noia, ás 12:00 horas do Domingo 14/11 no “Eleuterio Balayo”
Xallas FC-Cacheiras SD, ás 18:30 horas do sábado 13/11 no “A Fontenla”
Victoria CF “C”-UD Cerqueda, ás 17:00 horas do Domingo 14/11 no “As Cancelas”
-Foto : FaceBook UD Cerqueda
-Texto : piratasdemuxia