SÓ O UD CERQUEDA ACADOU A VITORIA DOS 3 ENCONTROS XOGADOS POLOS EQUIPOS COSTEIROS DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 3.

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 3

O UD Cerqueda, segue na loita polos postos de promoción.

 

Victoria CF C-UC Cee

O UC Cee, que ocupa o segundo chanzo tralo CF Noia, (a 1 punto), non xogou e segue a mesma distanza das noiesas, dado que o encontro das líderes tamén foi aprazado por positivas en COVID-19, ao igual co das da Vila da Xunqueira.

 

UD Cerqueda 2-1 Praiña Sporting Club

O UD Cerqueda, derrotou ao Praiña Sporting Club, nun choque no que vendeuse o peixe na primeira metade na que se adiantaban por medio de Isabela, (13´), e vían como lles empataban as visitantes no 15, sen tempo a disfrutar da ventaxe. O gol visitante acadábao Fátima. Tampouco houbo que esperar moito para ver o segundo das cerquedenses, que chegaba no 27 por medio de Naroa. Con este trunfo as de Cerqueda continúa na 5º posición con 13 puntos, os mesmos co 4º o Cacheiras que marca os postos de promoción, pero cun encontro máis as costeiras, xa que o Cacheiras, non xogaba o seu encontro ante o lider CF Noia, por temas COVID-19.

CD Unión 3-2 Xallas FC

Tiña a oportunidade o Xallas FC de engancharse a xzona de arriba o visitar o equipo que tiña por enriba, o CD Unión, 6º clasificado, pero as xalleiras deixaron moi costa arriba o choque na primeira metade, na que as rianxeiras se poñían con 3-0 con goles de Yaiza, (13´), e o peor o de Laura, (45´), antes de enfiar os vestiarios. Tentaron meterse no encontro as xalleiras e acadábano no 55 cun tanto de Yolanda, pero un gol en propia porta de Maite no 77, tiraba por terra as opcións de puntuar, que se abriron de novo no 87 cun tanto de María, (87´), pero non chegaba o tanto da igualada.

 

SR Calo 8-2 ED As Miúdas

Era complicado o encontro de volta a competición para o ED As Miúdas, tal e como aputábamos na previa. O rival das muradanas, cuarto clasificado, pasoulles por enriba na primeira metade na que se puxeron cun claro 5-0. Na segunda ampliaban a ventaxe e Violeta facía 0 6-1 no minuto 50. O segundo das de Muros era de novo de Violeta, no 87 e suporía o definitivo 8-2.

 

COPA FEMININA FÚTBOL 7-GRUPO SANTIAGO

Nesta competición só temos ao CF Mazaricos Feminino, e serán as que máis tarde retomen a actividade, pois non será ata o vindeiro 15 de Xaneiro, cando volvan a xogar. As mazariquenses que ocupan a 1ª posición na liga con 13 puntos, un máis co EFB Terra de Montes, visita no Santa Isabel, de Santiago, ao CF Vista Alegre, con horario ainda por determinar, sempre e cando non haxa parón extraoficial polo tema COVID-19.

 

-Foto : UC Cerqueda

-Texto : piratasdemuxia