SÓ NOEL NA LISTA DA SUB 19 DOS DEPORTIVISTAS QUE ACOSTUMABAN A IR E QUE SE PERDERÁ O C.VIGO “B”-DEPOR QUE FOI DESIGNADO DE “ALTO RISCO”.

Noel unha das perlas da canteira deportivista.

 

O adestrador nacional, Santi Denia fixo pública a lista de convocados para a Selección Sub19, e nela tan só está o silledés, Noel López, que se perderá o encontro do vindeiro 27 de Marzal ante o C.Vigo “B”, que se xogará en “Balaidos”, e que o Comité de Competición declarou de “alto risco”, xa que o xogarse no campo do primeiro equipo e non haber fútbol na división que xoga, terá posiblemente mellor entrada cao primeiro equipo ao ser o Depor o rival.

Na convocatoria non entraron nen Barcia, nen Trilli, que si voron a tódalas convocatorias anteriores. Si entrou o ex deportivista Hugo Novoa, actualmente no Leipzig alemán. Tamén van os galegos, Álvaro Fernández  do Manchester United, e Jesús Vázquez, do Valencia.

O Depor perde para o encontro en Vigo a Noel, e o Racing de Santander, agora lider da 1ª RFEF, perde a sua estrela e motor do equipo, Pablo Torre, para o encontro ante o SD Logroñés no “El Sardinero”.

España enfrontarase no Grupo 7 a Austria e Dinamarca, do 23 ao 29 de marzo, nas localidades alacantinas da Nucía e Benidorm. O mércores 23 a selección española enfrontarase a Austria na “Cidade deportiva Camilo Cano”, da Nucía (18:00 horas), o cadro centroeuropeo e o danés mediranse o sábado 26 (18:00 horas), no mesmo escenario, e o martes 29 (18:00 horas) España xogará ante o cadro nórdico no campo “Guillermo Amor”, de Benidorm.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia