SITO SEOANE OUTRO REFORZO PARA A DIANTEIRA DO BERGANTIÑOS FC DA QUE SE CAE IBRAHIMA DIENG O NON PERMITIR A RFEF A TRAMITACIÓN DA SUA FICHA..

 

O Bergantiños FC comunica que Sito Seoane formará parte do plantel do primeiro equipo ata final de temporada Sito Seoane, ainda que nado en Miami, (USA-16/03/1989), é de Betanzos.

Sito desenvolveu a maior parte da súa carreira futbolística fóra das nosas fronteiras, xogando como profesional en Islandia, Canadá e Estados Unidos. Procede do ÍBV Vestmannaeyjar , equipo que milita na máxima categoría de fútbol de Islandia.

Sito comezou na súa etapa xuvenil no Montañeros e pasou por equipos galegos como o Maravillas SD ou Laracha CF. No 2012 múdase a USA para xogar ao fútbol universitario no San Jacinto College en Houston. Os dous anos existosos vividos aí valeulle a Sito para facer unha proba co Houston Dynamo da MLS.

O betanceiro é a segunda incorporación neste derradeiro día, trala da noite de onte do canteirán do Real Betis, Miguel Brenes.

 

COMUNICADO BERGANTIÑOS FC SOBRE DIENG

 

 

 

Texto e Foto  : Comunicación Bergantiños FC

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies