VI COPA DA COSTA
-CUARTOS-
Cabana SD 1-6 Corme CF
CF Dumbría 0-0 Xallas FC
CF Muxía 8-6 SCDR Esteirana
UD Corcubión 1-3 UC Cee
Os Cuartos, tal e como vos informamos comezaron na tarde-noite do mércores co choque antre o Cabana e o Corme, do que xa publicamos a crónica e no que o Corme nunha gran segunda metade deixou fora das semifinais ao Cabana, loita antre un equipo da 3ª Galega e un da 2ª Galega.
Na mañán e tarde do Día do Pai xogáronse os outros 3 enfrontamentos, o Xallas, (1ª Galega), visitaba ao Dumbría, (2ª Galega), choque parexo no que as dumbriesas plantábanlle cara as xalleiras e conseguían disputar o pase nos penaltis, aí caían por un axustado 3-4 tralo lanzamento de nada menos ca 12 penaltis.
Na Arliña enfrontábanse dous equipos da 2ª Galega, o Muxía e a Esteirana nun choque que puido ter sorpresa, pois A Esteirana que chegaba con só un recambio no banco íase o vestiario perdendo 7-0, as de Fran Figueroa que se desgañitaba na banda por que correran, pois tralo segundo gol non ían nin a pugna, e o Muxía xa nin celebraba os goles, pasouse a unha segunda metade na que co 7-1 no minuto 60, parecía que tomasen Red Bull con ron no vestiario, pois chegaron a poñerse 7-6, (89´), pero un gol de Andrea Insua un minuto despois era definitivo para evitar a proeza.
No duelo da ría o Cee derrotaba ao Corcubíón nun encontro bastante tranquilo pois deixaban o pase a semifinais practicamente sentenzado na primeira metade co 0-3. Non foi ata pasada a hora de xogo cando as corcubionesas facían o seu gol para tentar meterse na loita polo pase.
Cabana SD 1-6 Corme CF
Crónica : PREME AQUÍ
CF Dumbría 0-0 Xallas FC
Goles : 0-0
Penaltis : 3-4
CF Muxía 8-6 SCDR Esteirana
Goles : 1-0, Eva Lema, (1´); 2-0, Barca Toba, (11´); 3-0, Eva Lema, (19´); 4-0, Eva Lema, (29´); 5-0, Barca Toba, (36); 6-0, Eva Lema, (40´); 7-0, Barca Toba, (43´); 7-1, Bárbara, (60´); 7-2, Rut, (67´); 7-3, Helena, (67´); 7-4, Bárbara, (78´); 7-5, Bárbara, (81´); 7-6, Bárbara, (89´); 8-6, Andrea, (90´).
UD Corcubión 1-3 UC Cee
Goles : 0-1, Saray, (5´); 0-2, Lucía Ramos, (20´); 0-3, Saray, (45´+4); 1-3, Helena, (67´).
.
Copa da Costa Masculina : PREME AQUÍ
.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
