SHIBASAKI E BORJA VALLE BAIXAS PARA PONFERRADA, MUJAID MELLOR XOGADOR DE NOVEMBRO.

Gaku Shibasaki cae lesionado.

 

Lesionados : Parece que a que agora mesmo o RC Deportivo sexa un circo hai que sumarlle que lle crecen os ananos. Se primeiro foi o anuncio do clube da baixa para Ponferrada de Borja Valle, pouco tardou en chegar a segunda, e esperemos que a última. Gaku Shibasaki lesionouse dos isquios esta mañán.

Por outra banda o fabrilista Mujaid foi elixido como “Mellor xogador do mes de Novembro”, e ben o merece o rapáz, do pouco bo que se pode destacar nos derradeiros meses.

Noutro órde de cousas o encontro Albacete-Depor da 25ª xornada de liga, xogarase o Domingo 26 de Xaneiro do 2020 ás 16:00 horas.

 

Gaku Shibasaki

Gaku Shibasaki foi sometido a probas médicas hoxe mércores para ditaminar o alcance exacto das molestias que lle obrigaron a retirarse aos vestiarios antes de finalizar o adestramento desta mañá.

Os exames realizados a cargo dos Servizos Médicos do RC Deportivo confirman unha lesión muscular nos isquiotibiais da súa perna esquerda.

Por conseguinte, o internacional xaponés estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. A medida que a súa evolución o permita, pasará acto seguido á fase de readaptación deportiva co readaptador Fran Molano, como paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

 

Borja Valle

Borja Valle estará os próximos días con tratamento médico e de fisioterapia a consecuencia dunha lesión muscular no bíceps femoral dereito.

En función da súa evolución, o atacante berciano pasará a continuación á fase de readaptación, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

 

Mujaid “Mellor xogador de Novembro”

O defensa rioxano do Dépor Mujaid Sadick Aliu (Logroño, 14 de marzo de 2000) foi elixido os seguidores do Dépor como o Xogador Estrella Galicia do equipo no mes de novembro. Após debutar esta temporada como central, posición habitual nos seus anos de formación, asentouse nos últimos partidos no lateral dereito do equipo. O futbolista foi destacado polos deportivistas após avaliar os partidos ante Fuenlabrada, Elche, Extremadura e Alcorcón.

Mujaid logrou o 68% dos 2.739 votos emitidos, por diante de Koné, gañador do mes pasado co 23% e Peru Nolaskoain, nomeado por primeira vez polos xornalistas que cobren a actualidade do equipo e que cultivou o 9% restante.

Mujaid convértese así no segundo canteirán (após Edu Expósito a pasada temporada con dous galardóns) en conseguir este premio, o primeiro en facelo tendo aínda ficha do Fabril. Mujaid únese así a Koné e Mollejo como xogador Estrella Galicia no que vai de temporada.

A entrega tivo lugar esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo de mans de Julio Emilio Outeiro e Pedro Francisco Otero do Hotel Restaurante Torques, no Polígono de Bergondo que, desde hoxe, lucirá a camiseta asinada polo cadro do Dépor que lle entregou o propio Mujaid en recoñecemento como hostaleiros máis destacados do pasado mes.

 

-Foto : piratasdemuxia.es

-Texto : piratasdemuxia.es/rcdeportivo.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.