SETE PRESEAS PARA O CDM PIRAGÜISMO DUMBRÍA NA “COPA GALEGA DE SLALOM”

Podium por equipos en Dumbría.

 

7 preseas para o CDM Piragïsmo Dumbría

O Club Tea de Mondariz Balneario logra a victoria por clubs na Copa Galega de Slalom
disputada este fin de semán en Dumbría. Sete medallas para o Piragüismo Dumbría
Cun caudal de 35m3/seg, óptimo para a celebración da probas, e que permitiría incluso acoller
probas da Copa de España de Slalom, se celebrou este pasado fin de semán a proba que
pechaba a Copa Galega de Slalom 2019. O triunfo por clubes foi para o Club Tea de Mondariz
Balenario, que esta vez foi acompañado no pódium polo Club Penedo de Caldelas de Tui e o
CDM Teixugos de Goián.

 

Brais Sánchez primeiro en C1 Infantil.

 

En canto a actuación do clube local, o Piragüismo Dumbría foi cuarto
finalmente na clasificación por clubes, onde o máis destacable foron as sete preseas para a
representación costeira; dous ouros, catro platas e un bronce.medallas que foron distribuidas
da seguinte maneira: Lorena Costa e Laura Antelo, primeira e segunda no K1 senior femenino,
Jorge Quintáns plata o K1 xuvenil, Fran Fernandez Romar terceiro no c1 xuvenil , Martín
Fernandez Romar plata de no K1 infantil e finalmente o outro doblete de Brais Sanchez e
Martín Fernandez, primeiro e segundo no C1 Infantil.

 

 

Os Clubes de toda Galicia ademáis quixeron transmitir á Xunta de Galicia a reivindicación do
Campo de Slalom de Dumbría, mediante o adecuamento dun tramo de 300 metros do Río
Xallas para que as máis importantes competicións nacionais de slalom tamén se poidan
celebrar en Galici, e non teñamos que desplazarnos os deportistas galegos a máis de 1000 Km.
para xogarnos as plazas na Selección Española. Para elo se distrobuiu unha pegatina
conmemorativa desta reivindicación que foi exhibida por muitos dos participantes durante a
proba.

Campionato de España Xoves Promesas en Dumbría

Estas reivincicacións continuarán o vindeiro fin de semán coa disputa da Copa de España de
Jovenes Promesas de Slalom, na que clubes de toda España acudirán a Dumbría cos seus
deportistas de entre 14 e 16 anos na que será a proba inaugural do certame e na que se espera
unha participación que ronde as 200 saídas.

++++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es