Sergio celebrabdo un gol na sua época de xogador do Muxía.
Este vindeiro Domingo 8 de Setembro comeza a competición na 1ª Futgal G2, o que antes era a 1ª Galicia G2, unha liga na que temos 6 equipos costeiros, o Fisterra, Dumbría, Esteirana e San Lorenzo que repiten e o Casttriz e o Muxía que debutan. Os muxiáns non pisaban esta categoría dende fai 34 anos, cando se denominaba 1ª Rexional, polo que será un reencontro con esta liga para o clube e o debut para o seu adesrador, Sergio Lema, máis coñecido como Sergio “Pataca”, novo adestrador do equipo da Vila da Barca e do que foi xogador toda a sua vida ata colgar as botas, e coincidirá con varios xogadores que daquela daban os seus primeiros pasos no clube muxián.
Sergio o ano pasado facía as veces de segundo con Pablo Conde, acadando a tempada pasada a permanenza do clube dumbries na categoría de maneira brilando e facéndose ca Copa da Costa. O adestrador de Os Muiños, (Muxía), tamén dirixeu na base do RC Deportivo. Agora tócalle levar as rendas do equipo muxián o que o alegra enormemente : “Proxecto novo e ilusionante tanto para o clube como para min, moi agradecido a directiva por darme a oportunidade de formar parte deste proxecto co equipo do meu pobo e que leva moitos anos sin disputar esta nova 1 futgal”, coméntanos Sergio.
Segundo nos dia o equipo chega ben a este inicio de liga : “O equipo chega a este inicio cunha boa dinámica de adestramentos, levamos 6 semanas adestrando 3 dias por semana mais os partidos amigables”, e están a tentar que os rapaces asimilen o que propón nos seus plantexamentos : “Seguimos traballando para que o equipo xogue na idea que lle intentamos transmitir tanto na fase ofensiva como defensiva”.
A pregunta do millón sempre é a de cal é o obxetivo da tempada?. Unha pregunta que sempre ten a lóxica resposta e Sergio non ía ser menos e xa exerce de adestrador : “iremos vendo xornada a xornada donde nos vai poñendo a clasificacion, primeiro tentaremos acadar os puntos para salvarnos e unha vez ahí, non poñeremos un teito o cal chegar, cos pés na terra, con traballo, ilusiòn e humildade intentaremos facelo o mellor posible”, remata dicíndonos o adestrador muxián.
Os muxiáns xogarán este Domingo ante o Vea CF no “San Martiñoa” de Callobre, (A Estrada), a partires das 18:00 horas, ca arbitraxe de Adrián Ponte Aponte, auspiciado nas bandas por Raúl Ferreiro e Bárbara Ana Álvarez.
Na segunda xornada os de Sergio “Pataca” debían recibir o Fisterra na “Arliña”, pero o coincidir coa Romaría da Barac que comeza o xoves 12 de Setembro e remata o luns 16, chegaron a un acordo para trocar o encontro o venres pero en terra fisterrana, en lugar de Muxía, e todo apunta ás 20:00 horas.
O noso mellor desexo para Sergio “Partaca”, o Muxía, e para tódolos equipos da costa nesta tempada 2024/25.
1ª xornada Primeira Futgal
(Equipos da Costa)
SD Fisterra-Bastavales UD, ás 18:00 horas do 8 de Setembro
Vea CF-CF Muxía, ás 18:00 horas do 8 de Setembro
Vizoño SD-SD San Lorenzo, ás 17:00 horas do 8 de Setembro
SD Agolada-SCDR Esteirana, ás 18:30 horas do 8 de Setembro
CF Dumbría-SD Castriz, ás 19:00 horas do 8 de Setembro
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”