Sergio na Copa do Rey ante o Villareal.
O mediocentro Sergio González Rodríguez (9/4/1995) convértese na quinta fichaxe do Laracha para a tempada 2022/23, na que o primeiro equipo competirá en Primeira Galicia.
Sergio, de 27 anos, procede do Vitoria, club no que se formou na súa etapa de fútbol basee e ao que regresou despois de varias experiencias noutros equipos para competir en Preferente Autonómica conseguindo a permanencia na categoría.
Anteriormente xogou no San Tirso e o Atlético Arteixo (Preferente Autonómicas) e, en categorías superiores, no Negreira, o Verín e o Betanzos (Terceira División) e no Somozas (Segunda División B). Tamén competiu en División de Honra Xuvenil co Real Zaragoza e o Racing de Ferrol.
O mediocentro coruñés destaca polo xogo asociativo pero tamén pola súa capacidade e despregamento físico para abarcar moito campo na medular. Tamén é un gran especialista nas accións a balón parado. Foi un dos destacados do Vitoria no histórico partido da Copa do Rey no Estadio de Riazor #ante o Vilarreal na pasada tempada.
-Foto e Texto : Prensa Laracha CF