SERGIO DO CREJO, NOVO ADESTRADOR DO SD CAMELLE.

Sergio Crejo cos veteranos do Sp. Zas.

 

Sergio Quintáns, máis coñecido na nosa zona como “Sergio do Crejo”, é xa dende hoxe o novo adestrador do SD Camelle, equipo histórico da Costa, que milita na 3ª Galicia, ou como coñecemos, 3ª da Costa, a “cincenta” do fútbol costeiro, a categoría máis mal tratada pola RFGF nos derradeiros anos, onde se chegou a xogar ata 4 voltas, e na que o ano pasado se xogou unha liga completa e despois partírona en duas nunha fase de ascenso feita expresamente para esperar polo resto de liga. 

O adestrador de San Martiño, (Muxía), (que sustitue no cargo o porteño, José Manuel Ordóñez), é tío do xogador do Camelle, Rodri “O Crejo”, e a pasada tempada xogou no Sporting Zas de veteranos, e xa sabe o que é adestrar na costa, en equipos coma o Castrelo, Corcubión, ou Vimianzo. Desta volta, e por primeira vez en moitos anos, toparase nunha liga máis atractiva, xa que da liga da Costa, ainda que só subeu un, (SCD Esteirana), baixaron por competición e arrastres, 6 equipos.

 

-Foto : Veteranos Sporting Zas

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies