SEN SORPRESAS : SOFÁN EN HOMES E BERGANTIÑOS EN MULLERES LÉVANSE AS COPAS DA COSTA.

O Sofán gaña a sua primeira Copa da Costa.

 

Non houbo sorpresas. O Sofán derrotaba ao CD Baio  na “58ª Copa da Costa” masculina e o Bergantiños FC O UC Cee na “Copa da Costa Feminina”, nas finalísimas xogadas en Santa Comba. O Sofán derrotaba o decano do fútbol da costa por 0-5 con goles de Bandera, Paulo, Dani Pena, Iván e Taibo e nas rapazas o Bergantiños derrotaba o UC Cee por 7-1, con goles de Paula, Isa, (2), Eva, Laura e  Cruz, (2). Polas ceenses marcaba Saray o que era o 1-3.

Mañán as crónicas coa visión dos adestradores.

-Foto : RFGF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”