Real Madrid 0-1 RC Deportivo
Un gol de Fito a saida dun saque de curruncho no 44, deulle o pase a final da “Copa de Campións Xuvenís de España” ao equipo deportivista, que fixo nos máis de 100 minutos que se xogaron un traballo defensivo inmenso, sen estar pechados no área e saindo con perigosos contragolpes, que nunca aproveitaron. Tremendo o traballo de tódolos rapaces, que nunca baixaron a garda, e que loitaron ata o límite das forzas, ante un equipo xuvenil de “castañolas” que levou un bo castañazo.
O rival da final sairá do choque antre CD Málaga e FC Barcelona, que se xoga no mesmo escenario, o Football Center de Marbella, onde tamén se xogará a final, que será televisada pola TVG 2, tal como se cabe esperar, como xa televisaron os cuartos e rsta semifinal.
Chegáronnos queixas e comentarios de asco, sobre a retrasmisión da RFEF, que foi o parecer partidista en pos do Real Madrid, coma se tratara do equipo “españolito” da 1ª División, e non un choque de xuvenís. Todo o ontrario na TVG 2 que tanto o locutor coma o comentarista fixeron un excelente traballo e con parcialidade, alabando o xogo de ataque do Madrid, e o enorme traballo defensivo do RC Deportivo.
A nosa noraboa a tódolos que forman o RC Deportivo Xuvenil “A”, que pase o que pase na final, xa son “ENORMES!!!”.
-Texto : piratasdemuxia
-Foto : RC Deportivo