XA TEMOS AS SEMIFINAIS DA “LVI COPA DA COSTA”· E A VOLTA DA DE VETERANOS.

 

Na “LVI Copa da Costa” de senior o Cabana SD e o SCD Malpica repetían resultado, (3-2), pero desta volta a favor dos cabaneses que pasan a semifinais ao vencer na tanda de penaltis. No “encontro da xornada” o CD Baio que perdera 1-0 en Esteiro ante a SCDR Esteirana desta volta volvía  acaer ante os esteiráns por 1-3, o que lle da o pase aos das Salinas. O FC Camariñas visitaba a Rocheira cunha suculenta ventaxe de 3-0 da ida, sendo o equipo ante os que ascendían esta tempada os coristanquese, e sendo os primeiros que o derrotaban, tras acabar a liga invictos e non coñecer a derrota na Copa ata enfrontarse a eles. Hoxe empataban a uns, (1-1) e eran os camariñáns os que pasaban a semifinais. O Corme CF tiña un difícil encontro ante o SD Catríz tralo 5-4 da ida e foi complicado ata o final co 1-1 que se deu en Castríz.

AS SEMIFINAIS

Con todo isto as semifinais quedan da seguinte maneira : Cabana SD-FC Camariñas e SCDR Esteirana-Corme. Unhas semifinais máis atractivas cas dos derradeiros anos, gracias ao novo sistema, que só tiveron como pero un ridículo sorteo en Cuartos.

 

“VI COPA DA COSTA DE VETERANOS

 

 

Porteño Veteranos e SD San Lorenzo toman ventaxe na ida das semifinais da Copa da Costa. Os da Ponte do Porto derrotavan a domicilio ao San Román e os de Verdillo gañábanlle pola mínima ao Ponteceso. Non hai nada dito, pois as diferenzas son mínimas e queda todo por decidir para o vindeiro Domingo 9 de Xuño que saberemos quen son os finalistas desta “ficticia” “VI Copa da Costa de Veteranos”, pois van moitísimas máis.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies