SEMIFINAIS COPA DE GALICIA INFANTIL : “O Fisober xogará o sábado ante o Arealonga o pase a final en Cee”.

 

O Fisober FSF Infantil xogará este sábado 23 de maio a partires das 19:00 horas ante o Arealonga FS Chapela a semifinal a encontro único da Copa Galicia Infantil, como tamén o fará nas mesmas tesituras o equipo alevín que xogará hora e media antes co Lóstrego CF, tal e como vos contamos na previa..

O equipo costeiro tópase de novo coas de Redondela tras perder o campionato galego da categoría fai pouco máis dunha semana nunha final na que o resultado acabou co 0-0 no marcador e que se levaron as do interior nos penalti, (4-5), polo que haberá un aire de revancha nas rapazas que dirixen Paula Fandiño, Adriana Castro e Sharay Caamaño.

Na outra semifinal enfróntanse mañán venres a partires das 19:00 o ED Poio Pescamar/Milongas e o Servicio Movil Lago Sport, no Pavillón Municipal A Seca de Poio.

A cita augúrase cun gan ambente nas bancadas do pavillón ceense. As rapazas fisoberistas defenden o título acadado o ano pasado.

.

-Foto : Fisober FSF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”