SEMANA SANTA DE MUXÍA

-SEMANA SANTA DE MUXÍA-
O Congro curado de Muxía unha tradición de máis de 4 séculos.

-Mañán Venres Santo “XXIII Festa do Congro”-

-Muxía énchese de festa e gastronomía-

Mañán “Venres Santo”, 19 de Abril chega a “XXIII Festa do Congro”, na que un ano máis na zona portuaria terá lugar a baixo coste e orgañizada polo Concello de Muxía dende o mediodía a degustación de Congro, (Conger Conger)
, en diferentes especialidades, coma en salpicón, a prancha, en empanada de fariña de millo ou na de trigo, antre outras especialidades. O Congro é un peixe exquisito que foi, e sigue sendo, (en menor medida), fonte de gran parte dos ingresos da vila mnuxiana e das vilas costeiras da Costa da Morte. Dos numerosos secadeiros de congro que había na vila tan só quedan dous, que seguen a traballar no curado ao vento e a salitre deste preciado peixe, e a sua exportación. Unha tarefa que se extende en máis de 400 anos, en especial hacia Aragón, e na sua grande maioría hacia Calatayud. Basta decir que un dos pratos máis famosos da cociña aragonesa é o “Congrio a la Bilbilitana”, (Bílbilis era como se coñecía Zaragoza na época prerromana). Fai máis de 4 séculos, segundo contan dende terras aragonesas, xa os fabricantes de cordas de cáñamo chegaban ata Muxía a facer o troco do seu produto cos mariñeiros e levaban o congro curado, (era a maneira de chegar con él as suas terras), co que facían este prato, que fai uns anos viñeron en expedición a facelo aquí para todos, e que é un guisado que da moita calor, o que denota o seu gusto nesas terras tan frías en época invernal. Decía un señor maior calataiuense naquel encontro de culturas : “Para nós o Congro de Muxía é coma para os portugueses o Bacallau. Forma parte da nosa cultura e da nosa historia”.


                     

Muxía que xa na Semana Santa se convirte nun pobo cosmopolita, coa visita de peregrinos de moitas nacionalidades, así como iateiros que recalan no Porto Deportivo “Marina Muxía”, cuarto o ano pasado en volume de atraques en Galicia. Nestas datas súmanse os centos de visitantes que se achegan aos actos litúrxicos, a descasar ou a festa. A localidade que tivo un notable crecemento no que se refire a hostalaría, en especial no aumento de sitios onde pernoctar, sendo a vila da Costa da morte con maior oferta de camas, que se incrementará sutancialmente co Parador Nacional de Turismo de Lourido na sua fase final de construcción, ten na Semana Santa o seu segundo tempo de maior número de visitantes, por detrás da Semana da Barca, (primeira quincena de Setembro). Segundo números oficiais o Santuario da Nosa Señora da Barca é o de maior número de visitas de Galicia de Culto Mariano, que ademáis foi o primeiro adicado en Galicia a Virxe María e o segundo en España tras o da Virxe do Pilar de Zaragoza. Data o culto a Nosa Señora da Barca de antre o 570 e o 630, segundo os teólogos. Está considerado o 3º lugar de Galicia máis visitado trala Catedral de Santiago e a Torre de Hércules. O máior número de visitantes é durante o mes de Setembro en especial no tempo da Romaría da Barca, con preto de 200.000 visitas, segundo datos oficiais.
 
Esta Semana Santa é unha boa excusa para visitar Muxía, pois rebosa historia, con lugares para visitar coma a Igrexa de Moraime, (Século XII), a Igrexa de Leis, a máis antiga da Costa da Morte, (Século IX), e cada unha das que temos nas 16 parroquias que forman gran parte do que era a “Terra de Nemancos”, e o seu arciprestasgo, a Igrexa, restos do mosteiro de San Martiño e o seu impreionante cabazo, (hórreo), as Caldeiras do Castro, etc… Ademáis Muxía ofrece un sinfín de praias e acantilados nos seus máis de 40 Kms de costa, sendo o concello con máis costa de Galicia e co impresionante Cabo Touriñán, punto máis occidental de España e segundo de Europa, tras Cabo de Roca, (Portugal).
 
Muxía ten moito que ver e disfrutar, a nivel histórico, festivo, relixioso e de lecer, así coma de gastronómico, pois xantar non está reñido con nada.
 
Ven a Muxía e disfruta do que temos e do que ofrecemos…voltarás…seguro!!!…
++++++++++++++++++++++
 
 

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-