

-Mañán Venres Santo “XXIII Festa do Congro”-
-Muxía énchese de festa e gastronomía-
Mañán “Venres Santo”, 19 de Abril chega a “XXIII Festa do Congro”, na que un ano máis na zona portuaria terá lugar a baixo coste e orgañizada polo Concello de Muxía dende o mediodía a degustación de Congro, (Conger Conger), en diferentes especialidades, coma en salpicón, a prancha, en empanada de fariña de millo ou na de trigo, antre outras especialidades. O Congro é un peixe exquisito que foi, e sigue sendo, (en menor medida), fonte de gran parte dos ingresos da vila mnuxiana e das vilas costeiras da Costa da Morte. Dos numerosos secadeiros de congro que había na vila tan só quedan dous, que seguen a traballar no curado ao vento e a salitre deste preciado peixe, e a sua exportación. Unha tarefa que se extende en máis de 400 anos, en especial hacia Aragón, e na sua grande maioría hacia Calatayud. Basta decir que un dos pratos máis famosos da cociña aragonesa é o “Congrio a la Bilbilitana”, (Bílbilis era como se coñecía Zaragoza na época prerromana). Fai máis de 4 séculos, segundo contan dende terras aragonesas, xa os fabricantes de cordas de cáñamo chegaban ata Muxía a facer o troco do seu produto cos mariñeiros e levaban o congro curado, (era a maneira de chegar con él as suas terras), co que facían este prato, que fai uns anos viñeron en expedición a facelo aquí para todos, e que é un guisado que da moita calor, o que denota o seu gusto nesas terras tan frías en época invernal. Decía un señor maior calataiuense naquel encontro de culturas : “Para nós o Congro de Muxía é coma para os portugueses o Bacallau. Forma parte da nosa cultura e da nosa historia”.

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es–
-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-
-COLABORA COA NOSA WEB-
Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…
Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.
Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.
Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.
-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-