SEMANA EXITOSA NO BERGANTIÑOS FC CON TÍTULO PARA O XUVENIL B, E VITORIA DO FEMININO QUE SEGUE LIDERANDO A 2ª GALEGA FEMININA.

O Bergantiños CF Xuvenil B goleou e proclamouse campión.

 

No Bergantiños CF non paran de celebrar e se fai uns días era o primeiro equipo o que acadaba de maneira brilante o ascenso a nova 2ª RFEF, e meses antes o Camponato do Grupo norte da 3ª División, esta semana era o equipo Xuvenil da 1ª Autonómica, o que tras gañar por 3-0 ó Cristo Rey, proclamábase campión do Crupo A, o que engloba aos equipos de A Coruña-As Mariñas. A nosa máis cordial noraboa para tódolos que forman o equipo da canteira bergantiñista.

Tamén está cun rumbo moi bo o Bergantiños FC Feminino, que esta semana na 8ª xroanda de liga, derrotaba sen paliativos ao Xuventude de Crendes CF por 0-4 para seguir liderando o Grupo B da 2ª División Galega Feminina con 20 puntos, 2 máis co SCD Pastoriza.

 

 

Crónica partido Xuventude de Crendes CF 0-4 Bergantiños FC Feminino:

Partido correspondente á 8° xornada da Segunda división feminina disputado en Ou
Monte (San Tirso) ante un centenar de espectadores.
Gran partido o vivido en Ou Monte, cun Bergantiños que non deu opción ao rival e nos
primeiros 45 minutos pechou o partido. O Bergantiños FC dominou e foi superior ao rival
en todo momento e boa nota diso é que durante os 90 minutos o Xuventude de Crendes
apenas inquietou a portería visitante.
Corría o minuto 17 e Torrado colgaba un balón ao segundo pau e Cruz chegaba para poñer
o 0-1 no marcador.
O Bergantiños achegábase e dominaba en todo o campo, os balóns divididos, as
segundas xogadas e tentaba facer o seu xogo, pero o rival en ningún momento poñíao
fácil.
Chegaba o minuto 29 e de novo Cruz tras un erro local plantábase soa #ante a porteira
e non fallaba, suiendo o 0-2 ao marcador.
O Bergantiños seguía apertando e tras varias xogadas, Isa, Alba, Claudia e Cruz non eran quen de volver bater a Andrea e que precisamente a gardameta, tras unha sensacional intervención sacaríalle o hat- trick a Cruz.

Chegaba o minuto 41 e nun gran pase profundo de Laura, Isa recibía na área e unha
xogadora local faríalle falta, sinalando o árbitro a pena máxima. A propia Isa encargábase
de lanzar o penalti: por abaixo ao pau esquerdo da porteira local que nada
puido facer na súa estirada. Isa subía así o 0-3 co que se chegaba ao descanso.

O Crendes quedaría con dez, tras a expulsión de Alba polas súas protestas sobre o penalti.
Tras o paso por vestiarios o partido baixou en intensidade. Nesta segunda parte o
encontro estivo máis aberto e marcado polas poucas ocasións, das que foron
protagonistas o equipo rojillo.No minuto 87 tras un centro de Torrado, o remate de Bárbara daríalle na man á
defensa local, e o árbitro sinalaba de novo penalti. Esta vez foi a propia Bárbara a
encargada de lanzalo. Andrea fai unha sensacional parada, pero o rexeite volve a nosa xogadora e esta non falla e poñería o definitivo 0-4 co que se chegaba ao final
do encontro.
Estes tres puntos sérvenlle ás bergantiñás para seguir liderando a clasificación.
A semana que vén o Bergantiños FC recibirá a visita da SD Club Ordes.

 

Chano Calvo de lecer por Muxía

 

O presidente bergantiñista Chano Calvo, e un grupo de amigos pasouse por Muxía a degustar as cualidades extraordinarias do restaurante “A Lonxa d`Álvaro”, do noso colaborador Álvaro Rodríguez, un dos grandes cociñeiros da Costa da Morte e ex presidente e xogador do Muxía CF. Ambos tiveron tempo para departir sobre fútbol. 

-Fotos : Bergantiños FC

-Foto : Resrestaurante “A Lonxa d`Álvaro”

-Texto : piratasdemuxia/Bergantiños FC