SEMANA CLAVE PARA O DEPORTIVO FEMININO CON DOUS ENCONTROS QUE AS PODERÍAN SACAR DO DESCENSO.

As deportivistas cuaxaron un gran encontro en Badaxóz.

 

O Deportivo Femninino encara quizais una das semanas máis importantes da temporada co impulso anímico da contundente vitoria lograda onteante o Santa Teresa CD en Badaxoz. O equipo branquiazul, está a só tres puntos da salvación,  e recibirá en Abegondo, a porta pechada pola pandemia de COVID-19, á SD Eibar (mércores 10 de febreiro ás 16:30 horas) en choque correspondente á 20ª xornada; e ao Real Betis (domingo 14 de febreiro ás 13:30, televisado por Gol TV), da 14ª xornada aprazado o pasado 10 de xaneiro.

Para estas dúas citas decisivas, Manu Sánchez, técnico deportivista, disporá desde mañá martes catro sesións de adestramento en Abegondo.

 

Gaby primeira deportivista en alcanzar os 100 encontros oficiais

A venezolana Gaby García converteuse esta mañá en Badaxoz na primeira futbolista do Deportivo ABANCA en alcanzar a centena de partidos en competicións nacionais.

Gaby incorporouse ao Dépor ABANCA fai case catro anos, en febreiro de 2017. O seu debut produciuse o 11 de febreiro de 2017 en partido ligueiro fronte ao CD Monte. Desde entón converteuse nunha peza indispensable no esquema de Manu Sánchez, primeiro como dianteira e máis adiante como centrocampista.

Nestes case catro anos, a venezolana disputou 37 partidos en Primera Iberdrola, 57 en Segunda División Nacional, 4 na promoción de ascenso á máxima categoría e 2 en Copa da Raíña.

Do mesmo xeito, Cris Martínez alcanzou hoxe os 97 encontros oficiais, mentres que Iris chegou a 89 e Peke a 88, ambas as dúas por detrás dos 92 de Teresa Abelleira.

.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo.