SEGUNDO ENCONTRO PARA MELLA CA SUB 19 HOXE VENRES NO EUROPEO DE IRLANDA DO NORTE.

Segundo encontro para Mella no europeo Sub 19

David Mella iniciou coa Selección Española  Sub 19 o pasado martes a Fase Final do Campionato de Europa sub-19 que se celebra en Irlanda do Norte. O canteirán branquiazul xogou ata o minuto 67 no debut da competición, no que os españois derrotaron a Dinamarca, (1-2), grazas a un gol de Íker Bravo na recta final, cando ían igualados a un, ademais xusto despois de que a selección quedase con 10 futbolistas debido á expulsión de Rayane.

A próxima cita para España será hoxe venres 19 de xullo ás 19:00 horas, (hora española, 17:00 GMT),  ante Turquía en Seaview (Belfast).

O calendario de partidos de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Martes 16 de xullo
DINAMARCA 1-2 ESPAÑA

Venres 19 de xullo
19:00: TURQUÍA – ESPAÑA, en Seaview (Belfast)

Luns 22 de xullo
19:00: ESPAÑA – FRANCIA, en Iver Park (Lane)

Os dous primeiros de grupo pasarán a semifinais, que se celebrarán o 25 de xullo antes da final, prevista para o domingo 28 de xullo no National Football Stadium de Belfast.

 

-Foto : RFEF

Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies