Segundo confinamento no Viaxes Amarelle FSF por un positivo detectado nos test de antígenos semanais

 

 O conxunto galego do Viaxes Amarelle FSF, preparaba con normalidade
o partido que debía medirlle este sábado ao CD Leganés FSF, en encontro aprazado da
duodécima xornada, pero nos test de antígenos semanais, realizados na xornada da tardenoche do xoves, dando como resultado o positivo dunha xogadora, que se atopa con síntomas
leves; e confinando desta maneira a case a totalidade de persoal de xogadoras, seguindo as
indicacións recibidas do SERGAS na mañá deste venres.

O equipo herculino estaba a realizar os adestramentos de forma normal, seguindo os
protocolos habituais, e sen detectar ningún síntoma en ningunha xogadora, nin persoal de corpo técnico.

Durante as probas de test de antígenos realizadas no serán do xoves, salio con resultado
positivo unha xogadora, á cal se lles fixo un segundo test, por recomendación da médico
que os realiza no club; e confirmándose desta maneira o positivo.
A xogadora, que deu resultado positivo nos test de antígenos, atópanse en bo

estado e nestes momentos presenta síntomas leves.

Tras o coñecemento do positivo, a entidade realizou as pertinentes acciones para facer as
comunicacións á Real Federación Galega de Fútbol, Real Federación Española de Fútbol,
Concello da Coruña e Servizo Galego de Saude; e poñendo en confinamento preventivo a todo o
corpo técnico e xogadoras ata que as autoridades sanitarias indicasen pasos a proseguir.

Xa na mañá deste venres 19 de marzo, desde as autoridades sanitarias confirmouse
o caso positivo e decretouse corentena de 10 días para a case totalidade do
persoal de xogadoras; ás cales se lles realizará unha PCR ao final da corentena, para poder
retomar a vida normal e a actividade deportiva.

Debido a estes dous casos dentro do club, os adestramentos atópanse suspendidos,
aínda que o equipo seguirá traballando desde as súas casas no aspecto físico; e nesta mesma mañá hase
resolvido polo Xuíz de Competición o aprazamento do partido aprazado da xornada 12ª da
Primeira División Nacional Feminina FS, que debía enfrontar ás herculinas contra o Leganés FSF
este mesmo sábado 20 de marzo de 2021; e probablemente sexa tamén suspendida a primeira xornada
da segunda fase da competición, dado que a corentena do equipo non se levantaría ata
o próximo día 28 de marzo de 2021.

-Foto e Texto : Viaxes Amarelle FSF/José Núñez