Segunda semana na Depor-Escola de Cee orgañizada pola Fundación RC Deportivo, Escolas Luis Calvo Sanz e o Unión Club Cee

Os participantes recibiron o seu equipamento oficial.

 

O pasado luns 5 de abril comezaron os adestramentos na nova Escola RC Deportivo na localidade de Cee, grazas á colaboración entre a Fundación RC Deportivo, as Escolas Luis Calvo Sanz e o Unión Club Cee.

O pasado luns, co inicio da segunda semana, todos os participantes recibiron o seu equipamento oficial e a súa máscara do Dépor e continuaron coas actividades desenvolvidas polos adestradores da canteira do RC Deportivo. Este primeiro mes, os técnicos realizan unha avaliación inicial a todos os xogadores e xogadoras para posteriormente desenvolver os seus adestramentos de maneira individual.

 

A Escola RC Deportivo en Cee comezou cun total de 38 participantes, repartidos entre as dúas quendas de adestramento, os luns ás 17:30 e 18:30 horas, baixo un estrito protocolo de protección fronte ao COVID-19 con todas as medidas necesarias de prevención e hixiene.

-Fotos e Texto : RC Deportivo