SEGUNDA MEDALLA DE BRONCE PARA A IUDOCA MUXIANA, LUCÍA PAZOS, NUNHA SEMANA.

Lucía Pazos segue a sumar preseas.

 

Se fai unha semana falábamos da medalla de bronce que acadaba a muxiana de Merexo, Lucía Pazos, na Copa de España celebrada en Suances, (Cantabria), desta volta a brava deportista merexana, facía o mesmo en Vigo no XXVI Gran Premio Internacional Trofeo Cidade de Vigo “Memorial Luis Soria Abia”, correspondente a Supercopa de España Cadete, na que a muxiana compite na categoría de -57. Ademáis de participantes españolas houbo de Italia e Portugal. Por parte do Clube Bergantiños ademáis de Lucía Pazos, participou Raúl Ponte, que non tivo obtivo premio nesta competición.

Saltou a primeira ronda, na segunda acadou o “ipon” máis rápido do torneo, 7 segundos contra a contrincante de Castela-León. En cuartos imponse tamén por “ipon” a representante balear, e pasa a semifinais, onde perde contra unha contrincante madrileña. Diste xeito pasa a loitar polo bronce contra outra galega, compañeira dela do centro de tecnificación, a que lle gaña e consegue esta vez sí subir ó podium con un bronce, xa que a semana pasada non subeu o podio para acompañar a sua compañeira lesionada en Cantabria, Aroa Blanco.

Moi bo estado de forma e sensacións os que está a amosar Lucía Pazos, unha das máis grandes deportistas muxianas, e da Costa da Morte, a pesares da sua curta idade. A sua próxima cita será en principio en Avilés, dentro de 15 días. 

 

-Fotos : Nico e Felipe Pazos

-Texto : piratasdemuxia