SEGUNDA ENTREGA DE ENTREVISTAS DE “CAUCHO EN LAS BOTAS” : “COÑECENDO A IVÁN CANCELA”.

 

Aquí vos traemos unha pequena entrevista a Juanjo González que xunto a Santi de Lira botaron a andar a pasada semana o seu proxecto en YouTube, “Caucho en las botas”, do que xa vos falamos, xunto cunha entrevista a Yago Gandoy, que por certo está convocado por Fernando Váquez para a “pretempada rara” da desescalada, xunto cos seus compañeiros no Fabril, Valin, Juan Rodríguez e Alberto, (porteiro xuvenil).

Hoxe na entrevistas que nos ofrecen teñen a un persoaxes deses que se fan a si mesmos e con entrega van escalando chanzos e amosando a sua valía sen que lle regalen nada. Un gran colaborador noso que o foi no Sporting Zas, no Xallas e no Sofán e que dende fai un tempo dirixe o Comité Galego de adestadores e que fai uns meses nos daba a alegría de conquistar ca Selección de Fútbol Afeccionado a “Copa das Rexións UEFA” de maneira espectacular de principio a fin. Non é outro que o tordoiés, Iván Cancela, co que teñen unha moi entretida e didática entrevistas de máis de media hora e que é a primeira entrega da mesma. Nela Iván fala dos seus comezos dende xogador e ata chegar a adestrador e vai tocando durante a entrevista diferentes puntos tanto da sua carreira no fútbol modesto como da sua irrupción no Comité Galego de Adestradores e ca selección. Como non podía ser doutra maneira tocouse o fútbol da costa do que comprobou que : “é unha envexa para o resto de Galicia cando se fala da Copa da Costa”, (no vídeo toda a entrevista). 

 

-Como xurdiu a idea de facer as canle de entrevistas?.

“A idea do canal, nace, como dixo Santi na entrevista que lle realizáchedes, de tratar de facer algunha explicación de fútbol para todos, porque compartindo os vídeos cos chavales non atopabamos todo o que nos gustaría. Unha vez cas entrevistas, creíamos bo ir metendo o fútbol dende puntos de vista e traballos distintos, con Gandoy ter o xogador que inicia, da casa…, con Cancela tocar temas de Federación, da Costa, entrenadores e demáis e da selección galega e ver por onde ían ir os cursos co tema do coronavirus, e cara onde van estes…Queremos tocar así mais ou menos todos os paus do futbol, xogadores e idades ou situacións distintas, seleccionadores, situación do fútbol galego, entrenadores, fútbol femenino, o que vaia xurdindo…, sen olvidarnos de ninguén”.

 

-Que ten que ver nesto o de ser antes cociñeiro ca fraile?.

“Mamei fútbol dende que nacín, moito incluso sólo na calle, comencei a xogar no Orillamar, que é o equipo do barrio, de ahí pasei ao Deportivo ata os 16 anos, e prácticamente a esa idade estaba casi que para deixar de xogar por problemas de nocellos. Volvín para o Orillamar en xuveniles pero entre o segundo ano de cadetes, e os tres de xuveniles non creo que chegase a xogar 50 partidos, polos nocellos, e antes de meterme no equipo sénior, xa o deixei… tiña ata problemas casi para sair a trotar un día pola rúa. “.

-E de correr cas botas polo caucho a pisalo na banda?.

“Teño 20 anos e recordo que aos 12-13 anos (cando era infantil, por Saúl), xa me tiraba moito o de ser adestrador, canto menos de facer os cursos, e fixen o monitor intensivo aos 16, o Nivel I/UEFA B aos 18 e o Nivel II/UEFA A aos 19, estaba pendente de facer o Nivel III intensivo este verán, sempre entrenando mentras, (primeiro no Orillamar, sendo xuvenil, e despois no Milladoiro sendo xuvenil de terceiro e o ano pasado, aos infantiles (estou vivindo en Santiago para estudar a carreira de pedagoxía). Este ano, incorporeime o Victoria de Liga Galega Infantil e ata aquí…”.

 

Dende piratasdemuxia.es o noso desexo de que todo lles vaia do milloriño a Santi e Juanjo neste fermoso proxecto de cara en especial aos máis pequenos e interesante para tódalas idades.

 

-Texto e Foto : piratasdemuxia.es/Santi Cubelo

 

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.